Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recital de violín e piano este venres na Igrexa de San Domingos de Tui

Venres día 24 de agosto de 2018, ás 20,30 horas, na Igrexa de San Domingos de Tui.

Venres día 24 de agosto de 2018, ás 20,30 horas, na Igrexa de San Domingos de Tui.

Fecha: 24 de Agosto de 2018

Fuente: Asoc. Cultural Trisquel e Medu

Este venres realízase un Recital de Violín e Piano que organiza e patrocina a Asoc. Cultural Trisquel e Medulio, coa colaboración do Concello de Tui, dende a súa Concellería de Cultura, o Cabildo Catedralicio, Amigos da Catedral, ademáis doutras intitucións -lembrando de xeito especial, as colaboracións individuais- que hoxe fan posible esta velada musical, que terá lugar hoxe venres día 24 de agosto de 2018, ás 20,30 horas, na Igrexa de San Domingos de Tui.

Non imos descubrir os atributos de interés da vella Tide, que tennos dabondo e coñecidos, pero si lembrarlles que pode resultar agradabel e intersante, a visita ó belido entorno do antigo lugar do rastrillo, barrio que hoxe toma o nome da igrexa onde ten lugar este concerto, e que tan vinculado estivo no pasado á actividade fluvial, tanto á pesca como ó tráfego de mercancías entre Galicia e Portugal, e viciversa, nas barcas que atracaban nos portos existentes nas dúas ribeiras miñotas, e que tan ben recolle e describe o cronista oficial de Tui, noso bón amigo Ernesto Iglesias Almeida, nos seus libros: Antigos "Portos" de Tui y las barcas de Pasaje a Portugal e Notas históricas del Bajo Miño-Puertos, Barcas y Pesqueras

Esta igrexa da orden dominicana, que veu sustituir a antiga adicada a San Xoan de Porto, está adosada ó antigo convento da mesma orden. Posúe retábulos de gran interés artístico, sendo de destacar a singularidade do da Nosa Señora do Rosario, coñecido popularmente como "O Altar de Lepanto". A imaxinería de excelente factura, expléndidos capiteis, profusión de signos lapìdarios no interior e exterior, etc, nela repousan os restos de de boa parte da antiga nobleza tudense.

Toda a excelencia retabular e arquitectónica, tantas veces eloxiada polo noso amigo Rafael Fontoira Surís, moitos anos a vinculado a xestión do patrimonio galego en xeral e que tanto fixo polo patrimonio de Tui, antiga capital do Reino de Galicia no seu día, en particular. Non esqueceremos que tivo moito que ver, no seu día, coa restauración desta igrexa entre outros monumentos tudenses. Sen esquecer a unha gran amante de Tui, a súa arquitectura relixiosa e, en particular, a Igrexa de San Domingos desta cidade, que é Carmen Manso Porto, (Responsable de la Sección de Cartografía y Artes Gráficas de la Biblioteca de la Real Academia de la Historia) con varias publicacións e artigos nos que alude esta igrexa como o libro: El Arte de la Orden de Predicadores en la Galicia Medieval

Imonos deleitar escoitando obras de grandes compositores como: J.S.Bach, W.A.Mozart, N.Paganini e H.Wieniawsky, interpretadas pola xoven violinista tudense Raquel Areal Martínez e a pianista Isolda Crespi Rubio

O rematar, como aconsellamos sempre, visiten a cidade antiga. Fagan unha paseata devagariño polas vellas rúas desta cidade milenaria. Cidade á que o, mestre, escritor, historiador...e sempre amigo, xa falecido, o tudense Pedro Díaz Álvarez, nun día de saudade, pouco antes de deixarnos definitivamente, agasalloume coa súa peculiar, entrecortada e emocionada voz, cunhas fermosas e inesquecibels verbas: "Tui, é unha cidade gloriosamente pequena" . Descubran ou redescubran algo que non deslumbra, pero que nos move a lembrar e sentir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones