Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recomendacións da Consellería de Sanidade en relación á situación actual do novo coronavirus en Galicia

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo Coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo Coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA

Fecha: 10 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA
No caso de dúbidas ou necesidade de información a Xunta de Galicia ten habilitado o teléfono gratuíto 900 400 116 para as súas consultas.

SINTOMATOLOXÍA

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo Coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA. No caso de chegar dunha viaxe ou estar en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presenten os síntomas descritos recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde senón CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061.

RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS: Hixiene de mans e Hixiene respiratoria
? Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, ou utilizar unha solución hidroalcóholica.
? Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
? Practicar unha boa hixiene respiratoria: cando tusa ou esbirre tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de panos) e/ou obxectos contaminados deberá lavar ben as mans.
? De ter síntomas de infección respiratoria (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA) afastarse doutras persoas, polo menos manterse a 2 metros.
? Non se recomenda o uso de mascarilla como medida de protección para persoas que non estean enfermas. Ao contrario, pode xerar unha sensación de seguridade que non é certa e a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.

RECOMENDACIÓNS SOBRE VIAXES
Seguindo o principio de precaución, recoméndase non viaxar ás zonas afectadas ou ás zonas de risco, a non ser que sea estritamente necesario, que neste momento son 4 rexións do norte de Italia (rexións de Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Piamonte), China incluído Hong Kong e Macao, Corea do Sur, Singapur, Xapón e Irán.
Nota: estes territorios poden variar polo que sempre debe chequearse na web do Ministerio de Sanidade a última actualización (https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/areas.htm ).
Non é necesario plantexarse a repatriación de estudantes ou traballadores nas zonas de risco, que deben seguir as recomendacións que emitan as autoridades sanitarias da zona onde estean.

RECOMENDACIÓNS SOBRE A PARTICIPACIÓN OU REALIZACIÓN DE EVENTOS
No estado actual de difusión da enfermidade, estando en fase de contención e tendo en conta o número de casos en España, e o seu control, non parece necesario dar unha recomendación xeral de suspensión de eventos.
Si convén pedir que todas aquelas persoas que presenten sintomatoloxía (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA), por responsabilidade persoal e comunitaria,
que non acudan a este tipo de actos.

E aos organizadores destes eventos que deben extremar as medidas de limpeza e distribuír os consellos actuais de como actuar se un ten síntomas.

Estas recomendacións adaptaranse, en todo caso, ás que se establezan a nivel internacional ou nacional tendo en conta a evolución da enfermidade.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones