Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recursos on line para a lectura nova proposta para estes días de confinamento

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura.

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura.

Fecha: 10 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura. Deste xeito búscase aportar proposta de lectura para estes días de confinamento accesibles a través

Galicia Le
Por unha parte a Biblioteca Pública Municipal de Tui forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiai que conta ao plataforma de préstamos de obras - libros, revistas, audiolibros e películas - en formato electrónico Galicia Le. O obxectivo da plataforma é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas ficción, informática, historia, ocio ...

GaliciaLe conta cun "Catálogo galego" e outro "Catálogo en castelán". As obras incluídas nos mesmos poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facers, ademais, desde un lector de libro electrónico.

O acceso pódese facer co carné de socio da Biblioteca de Tui ou de calquera outra biblioteca que pertenza á rede ou rexistrándose directamente en Galicia Le.

Concurso "Un poema na túa voz"
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, promove o concurso "Un poema na túa voz" dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e as súas familias. Para participar hai que elixir un poema tradicional ou de autor, gravalo co móbil ou no ordenador e envialo a galix@galix.org. As bases completas están na web de GALIX.

Iniciativas para acceder á literatura infantil e xuvenil
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no seu Salón Virtual.
O Colectivo NOGA, Narración Oral Galega, creou a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.

A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura en Contos contados, Vídeosmusicais ou Cantar e contar .

Na páxina dos Bolechas, ofertan contido para ocupar o tempo de lecer das crianzas.

Na web do Xabarín en CRTVG están dispoñibles vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego. Tamén están accesibles divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia, na canle YouTube do Xabarín.

Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.

Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: http://primaveradasletras.gal/

Pódense atopar máis recursos na web de Galix.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones