Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Remata -A Guarda Diversa 2021- cun éxito de participación nas accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

Dende a Concellería de Igualdade e o CIM da Guarda agradécese a gran participación nas diferentes accións programadas nesta edición, superando todas as expectativas iniciais, tal e como manifestou a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.

Dende a Concellería de Igualdade e o CIM da Guarda agradécese a gran participación nas diferentes accións programadas nesta edición, superando todas as expectativas iniciais, tal e como manifestou a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, repetiu neste ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que remataron na pasada fin de semana.

 

As actividades arrancaron na xornada do 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda (https://youtu.be/ChjABMAbzok), así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

 

A parte central das actividades tivo lugar na pasada fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo na Praza do Reló cunha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde se tratou sobre a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estivo impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Foi retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE

 

Tamén á mesma hora a Casa dos Alonso acolleu “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmitiuse ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade, rematando cunha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

 

Na xornada do sábado día 10 de xullo a Praza do Reló foi o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estivo impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratouse sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Houbo tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Foi retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda:  https://youtu.be/ykNUfhOzugo

 

Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolleu o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.

 

Dende a Concellería de Igualdade e o CIM da Guarda agradécese a gran participación nas diferentes accións programadas nesta edición, superando todas as expectativas iniciais, tal e como manifestou a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí