Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Remata a programación da terceira edición de A Guarda Diversa

As actividades programadas remataron este venres cun contacontos e un obradoiro celebrado no Castelo de Santa Cruz

As actividades programadas remataron este venres cun contacontos e un obradoiro celebrado no Castelo de Santa Cruz

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

As actividades de “A Guarda Diversa 2022” comezaron na xornada do martes día 28 coa colocación da bandeira do colectivo e coa publicación na web municipal e nas redes sociais do vídeo co Manifesto a cargo do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, onde indicou que “A Guarda é afortunadamente un municipio diverso, moderno e inclusivo. Por iso desde o Concello sentímonos moi orgullosos por poder poñer o noso pequeno gran de area para seguir apoiando, dando visibilidade e sobre todo loitando pola diversidade, porque a diversidade é unha ferramenta de futuro, un motor de cambio e evolución”.

A Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, resaltou que “nesta terceira edición de A Guarda Diversa celebrouse o respecto, a tolerancia e a empatía como formas de convivencia, e o amor en calquera das súas formas. O equipo de goberno segue traballando para desmontar estereotipos e evitar calquera tipo de acoso ou agresión por cuestións de orientación sexual ou identidade de xénero na nosa vila”.

A parte central das actividades tiveron lugar o xoves día 30 na Praza do Reló coa Mesa Redonda “A nosa Memoria tamén é diversa”, onde contouse coa presencia de Eva Mejuto, escritora e activista LGTB, Daniela Ferrández, activista Trans, e Marcos López, comisario do proxecto “Memoria diversa” da Deputación da Coruña. O acto estivo presentado por Sara Uris de Transformando Realidades e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez.

Durante a mesa redonda, á que asistiron preto de medio cento de persoas, tratáronse temas sobre a memoria das persoas Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans, temas que ata o momento quedaran fora dos estudos memorialísticos galegos. Destacaron, neste ámbito, as investigacións de Daniela Ferrandez e o libro de entrevistas a maiores LGBT “Memoria Diversas” de Eva Mejuto, que centrarán a conversa moderada por Marcos López.

Continuando a programación, tamén na xornada deste xoves tivo lugar na Praza do Reló o Espectáculo “Noite de Cabaret”, a cargo da Compañía teatral “Marinita y sus maromas”, unha proposta rompedora na que o elenco travestiuse e xogou cos xestos, a interpretación, a maquillaxe, a roupa e o xénero. Reivindicando e apoderando a palabra travesti mediante os seus espectáculos teatrais, en formato de comedia musical. Números de baile, canto, transformismo, clown. Empregaron a arte escénica para reflexionar sobre o xénero, xogando coas características que o definen. Normalizando os corpos e as formas de amar disidentes. Utilizan tamén o humor para caricaturizar a nosa sociedade e visibilizar o absurdo e ridículo das normas e modelos de conduta cos que convivimos.

Xa para pechar a programación de “A Guarda Diversa 2022”, na xornada deste venres día 1 de xullo, tivo lugar no Castelo de Santa Cruz un contacontos e un obradoiro titulado “Os Bolechas: Somos como as cores do Arco da Vella”, a cargo da Asociación Nós mesmas e dedicada a público infantil de entre 3 e 8 anos. A este acto acudiron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, xunto coa Directora do CIM, Yolanda Villaverde. Contou ademais coa presencia dos nenos e nenas do Campamento de verán municipal e público en xeral.

Remata deste xeito na Guarda una programación que chega este ano a súa terceira edición de A Guarda Diversa co obxectivo de promover os valores de igualdade e respecto entre as persoas e o apoio ao colectivo LGTBIQ+.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí