Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Remata con éxito o Obradoiro de Emprego Dual na Guarda

O acto de clausura e de entrega de diplomas realizouse este venres día 22 de xullo de 2022 no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda

O acto de clausura e de entrega de diplomas realizouse este venres día 22 de xullo de 2022 no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O venres día 22 de xullo de 2022 o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII que tivo lugar nos pasados 9 meses en formato dual, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante. 

No acto de clausura a Concelleira de Desenvolvemento Local e Educación, Fátima Rodríguez, amosou a súa satisfacción polo feito de que o alumnado deste obradoiro tivese a oportunidade de mellorar a súa inserción laboral e formarse na súa propia localidade, indicando que as prácticas realizadas tamén supoñen unha boa maneira de achegarse ao mercado laboral e por en práctica os coñecementos adquiridos ao longo destes 9 meses de obradoiro.

Para o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Obradoiro de Emprego é unha ferramenta moi importante para formar a veciños e veciñas da Guarda. A aposta do equipo de goberno municipal é continuar na mellora das instalacións, como as actuais obras de mellora da accesibilidade deste espazo e poder así formando a poboación guardesa sen necesidade de saír da vila.

Todas as persoas que participaron no obradoiro beneficiaronse dunha formación específica durante un total nove meses, realizando ademais traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto, e ademais puideron optar a prácticas en entidades e servizos do propio concello.

Este obradoiro está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade.

Trátase dun programa de formación moderno, dual, orientado a desempregados, para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais permitíu recibir unha remuneración durante nove meses. Esta formación contribuíu tanto ao seu beneficio persoal, mellorando a súa capacitación, como ao  da comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí