Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Remata o campamento urbano na Guarda cun gran éxito de participación

O Concello da Guarda continúa apostando firmemente pola conciliación no verán aumentando o número de prazas e a duración do campamento urbano.

O Concello da Guarda continúa apostando firmemente pola conciliación no verán aumentando o número de prazas e a duración do campamento urbano.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O campamento urbano 2021 do Concello da Guarda ven de rematar cun notable éxito de participación cun total de 60 nenos e nenas que participaron nas diversas actividades programadas que tiveron lugar nos colexios de Solanas, Sinde e no Castelo  de Santa Cruz e para o que estiveron divididos en grupos burbulla co obxectivo de reducir os riscos de contaxio.

 

Este ano o equipo de goberno considerou prioritario atender as necesidades das familias guardesas en relación á conciliación entre vida familiar e laboral durante a época estival, e para iso decidiu aumentar o número de prazas de 40 a 60, o que supuxo un incremento dun 50% respecto a anos anteriores.

 

Ademais alongouse o período de duración do campamento e se reservou unha porcentaxe de prazas para nenos e nenas con diversidade intelectual, que estiveron apoiados por monitores con formación específica, aproveitando este entorno para favorecer a súa plena integración.

 

Como ven sendo habitual o Concello da Guarda solicitou á Secretaría Xeral de Igualdade a subvención para conciliación que cubre actividades deste tipo, quedando en lista de agarda nun primeiro momento. O custo do campamento ascende a 18.000€ aproximadamente e coas aportacións das familias só se pode cubrir unha terceira parte do total.

 

Malia este contratempo, o equipo de goberno apostou por seguir adiante coa idea de celebrar o campamento e decidiuse poñelo en marcha con fondos propios, retendo cantidades doutras partidas orzamentarias e incluso solicitando á Deputación de Pontevedra destinar fondos do Plan Concellos para asumir parte do custo do campamento, en lugar de para outras actividades que estaban planificadas inicialmente.

 

En definitiva, tanto o Alcalde como o resto do equipo de goberno consideraron prioritario atender as necesidades das familias e apostouse por dedicar os recursos, tanto económicos como humanos, que foran necesarios. Tamén agradece o tempo e esforzo que as técnicas municipais tiveron que inverter para sacar adiante a contratación nun período reducido, persoal que podería estar dedicado á contratación doutros servizos,  pero que o equipo de goberno preferiu destinar a solucionar os problemas reais da cidadanía.

 

A finais de agosto recibimos unha moi boa noticia da Secretaría Xeral de Igualdade que, grazas a unha ampliación do crédito na liña de conciliación, notificou ao Concello a aprobación da subvención polo total da cantidade que se solicitara inicialmente. Con esta aportación poderá sufragarse gran parte do custo do campamento, e poderán destinarse os fondos propios inicialmente retidos no Concello para outras actuacións necesarias para o pobo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones