Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Retoman a convocatoria de folga na empresa IKF da Guarda para rexeitar a dobre escala salarial e a liberalización horaria

Desenvolverán paros todos os martes, mércores e xoves tras suspender a folga indefinida ante o inicio do período vacacional

Desenvolverán paros todos os martes, mércores e xoves tras suspender a folga indefinida ante o inicio do período vacacional

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2021

Fuente: CIG

O cadro de persoal de Imerys Kiln Furniture (IKF), empresa dedicada á fabricación de materiais
refractarios con sede na Guarda, retomará este martes día 31 a convocatoria de folga para rexeitar a
dobre escala salarial que a empresa quere prolongar, a liberalización dos horarios, a maior
flexibilización da xornada e o cambio no goce das vacacións que pretende impor a compañía. Nesta
ocasión os paros desenvolveranse todos os martes, mércores e xoves até o vindeiro 30 de setembro, a
excepción do xoves 23, que é festivo local.
Os traballadores/as de IKF iniciaran o pasado 14 de xullo unha folga indefinida que decidiron
suspender o 30 de xullo ante o inicio do período vacacional. Mais como a dirección non mudou a súa
postura na xuntanza celebrada a mediados de agosto agora apostan por retomar as medidas de presión.
Nas máis de dúas semanas que o persoal estivo de folga o seguimento foi masivo, provocando un
achegamento por parte da empresa, que amosou disposición a sentar negociar parte das demandas
sociais: flexibilización da xornada anual, modificación da distribución histórica das vacacións, pago
do traballo en fins de semana e festivos ou determinados complementos salariais.
Porén, explica Xulio Vicente, da CIG-Construción de Vigo, a dirección non quere tocar por agora a
principal problemática, a eliminación da dobre escala salarial, cuestión que pretende deixar para o
final da negociación. Engade Vicente que nese encontro a empresa tamén tentou forzar a
desconvocatoria da folga a cambio de abrir as conversas, “pero o persoal foi claro, continuará coa
folga até conseguir que se dea resposta ás súas demandas”.
Neste senso, critica a ausencia da Xunta neste conflito malia a importancia laboral e económica que
ten a actividade desta fábrica para á Guarda e o conxunto da comarca. “É esta a preocupación que ten
o Goberno galego polos dereitos dos traballadores/as desta empresa?”, pregúntase.
Diferenzas salariais de até 5200 euros anuais
Cómpre lembrar que, por mor do pacto asinado coa empresa polo anterior comité en 2018, as persoas
que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus
compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano. Unha dobre
escala salarial que a empresa pretende prolongar durante oito anos máis.
Xunto a isto, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa
obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde, o que se traduciría na
liberalización dos horarios a dispor da empresa, supondo un ataque ao dereito de conciliación da vida
laboral e familiar. Ademais, quere introducir cambios no goce das vacacións, que historicamente se
viñan collendo no mes de agosto, e agora pretende que o persoal colla 15 días de vacacións en agosto
e os outros 15 estean a disposición da empresa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí