Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño na Xerencia da Área Sanitaria de Vigo

Nun clima de cordialidade e boa disposición por ámbalas dúas partes, a Plataforma puxo enriba da mesa unha serie de reivindicacións e peticións para mellorar o servicio de atención primaria no noso Concello.

Nun clima de cordialidade e boa disposición por ámbalas dúas partes, a Plataforma puxo enriba da mesa unha serie de reivindicacións e peticións para mellorar o servicio de atención primaria no noso Concello.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Noviembre de 2021

Fuente: Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño

Unha representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño foi recibida hoxe 4 de Novembro polo Xerente da Área Sanitaria de Vigo, D, Javier Puente, e pola Directora de Atención Primaria, Dª Reyes Díaz.

Nun clima de cordialidade e boa disposición por ámbalas dúas partes, a Plataforma puxo enriba da mesa unha serie de reivindicacións e peticións para mellorar o servicio de atención primaria no noso Concello.

A primeira destas peticións (debido ao aumento de poboación e a súa dispersión espacial) foi o aumento de persoal(tanto médicos como enfermeiros) que nos corresponden precisamente por poboación. Así mesmo que se cubran as baixas e vacacións dos facultativos, porque hai días que soamente consultan 4 médicos que soportan unha carga inxente de traballo.

Tamén se solicitou a incorporación dun odontólogo e un fisioterapeuta (que nos corresponderían por poboación).

Outra reclamación foi que volva abrir o centro de saúde polas tardes, agora que hai citas presenciais de novo.

Tratouse o tema da necesidade de contar cunha ambulancia medicalizada para a Comarca. Tema que non depende da Xerencia de área e que polo tanto se reclamará ante o organismo pertinente.

Outro dos asuntos abordados hoxe nesta reunión foi a volta das urxencias para Tomiño, un servicio que tiñamos e que foi suprimido hai tempo.

Tamén solicitamos a construcción dunha cuberta no acceso principal do centro de saúde que dea cobixo e amparo aos pacientes nos días de mal tempo, que no inverno son moitos.

Outra reivindicación da Plataforma exposta hoxe foi a reapertura do consultorio de Goián, pechado dende Marzo de 2020. Reapertura que non vai ser posible, segundo informa a Xerencia, porque o local non cumple a normativa de saúde laboral. Ante este anuncio, a Plataforma pedíralle a Administración Local que poña a disposición do Sergas outro local en Goián que reúna todas as condicións de saúde laboral. Na actualidade a médica e enfermeira de Goián pasan consulta no ambulatorio de Tomiño, o que supón que 1600 cartillas aumenten a carga de traballo do propio ambulatorio. A boa noticia é que non hai intención de amortizar as prazas de médica e enfermeira..Polo que a necesidade de facilitar un local é imprescindible para que volvan a consultar en Goián.

A Plataforma agarda que as súas reivindicacións sexan tidas en conta e se fagan realidade o antes posible, para que as e os veciños de Tomiño volvan ter unha Sanidade Digna e de Calidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí