Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rhys Bloodjoy e Iago Fernández protagonizarán os concertos da A.C. Betún de Tui esta fin de semana

Sábado 15 e domingo 16 de outubro na A.C. Betún de Tui

Sábado 15 e domingo 16 de outubro na A.C. Betún de Tui

Fecha: 15 de Octubre de 2016

Fuente: Asoc. Cultural Betún

En Betún estamos orgullosos de ser unha das paradas da primeira xira española de Rhys Bloodjoy; one-man-band chegado dende Machester/Uk e cargado de influencias como Spaceman 3, Swans, The Brian Jonestown Massacre... Toda unha oportunidade para disfrutar dunha das novas figuras europeas do post-rock na nosa cidade.

Sábado 15 de outubro // 22h // socios/as beta 2,5€ betuneiros/as de balde
 
 
 

Iago Fernández (Cangas, 1987) comezou os seus estudos de música no "Conservatorio Profesional de Música de Cangas" na especialidade de percusión obtendo o grado medio. O seu primeiro contacto co jazz foi no "Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJP)" impartido por Abe Rábade e Paco Charlín, cursándoo catro anos que incluíron master classes e concertos con artistas invitados. En 2005 e 2006 asiste al "Workshop de Tavira" (Portugal) onde recibe clases de Tony Moreno, John O'Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing. En Agosto de 2009 asiste ao "Begues Jazz Camp" para recibir clases de Ben Street, Mark Turner, Jorge Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. En 2010 gradúase no "Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene" (especialidade de jazz-batería) no cal recibe clases de Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein e Chris Kase entre outros. Tocou nos festivais e ciclos de jazz máis importantes do país: Getxo, Badajoz, Ibiza, Barcelona, Vigo , Madrid, Mallorca, Valencia, San Sebastián, Las Palmas, etc. Tamén en Ecuador, Alemania, Dinamarca, Francia, Italia e Portugal, con músicos como: Avishai Cohen, Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Andrzej Olejniczak, Logan Richardson, Bob Sands, Cecilia Coleman, John O'Gallagher, David Virelles e Petros Klampanis entre moitos outros.
Ademáis de ter gravado máis de vinte traballos como colaborador, Iago conta con tres discos ao seu nome, Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016) recén publicado polo prestixioso selo barcelonés Fresh Sound New Talent. Para este terceiro traballo Iago rodeouse duns músicos polos que sinte real admiración e sobre todo moita conexión tocando.

Iago Fernández - batería
Enrique Oliver - saxo tenor
Wilfried Wilde - guitarra
Demian Cabaud - contrabaixo

domingo 16 de outubro // 20:30h // socios/as beta 5€ betuneiros/as de balde
máis info: https://gl.wikipedia.org/wiki/Iago_Fernández

Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio.
Poderás facerte socio nas nosas instalacións, en horario de actividade, por 2€ anuais os Socios Beta, e por 5€ mensuais os Socios Betuneiros.
Os socios que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da AC Betún.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones