Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Roberto Carrero e Lara Meneses forman parte da nova executiva do PP de Galicia presentada por Alfonso Rueda

A presidenta da xestora do PP de Tomiño, Lara Meneses, e o presidente local dos populares de A Guarda, Roberto Carrero, foron designados por Alfonso Rueda para formar parte do comité executivo do PP de Galicia

A presidenta da xestora do PP de Tomiño, Lara Meneses, e o presidente local dos populares de A Guarda, Roberto Carrero, foron designados por Alfonso Rueda para formar parte do comité executivo do PP de Galicia

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2022

Fuente: PP de A Guarda

Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Galicia, nomeou a Lara Meneses, presidenta da xestora do PP de Tomiño, coma Coordinadora de Xuventude  do  PP de Galicia. Asemade, Rueda designou a Roberto Carrero, presidente local do PP de A Guarda, coma vogal do comité executivo por designación particular do presidente.

O nomeamento de Roberto Carrero coma vogal do comité executivo rexional por designación particular do presidente da Xunta refrenda a confianza que a dirección do PP de Galicia ten no guardés. Roberto Carrero, que continuará coa súa labor de coordinador do PP no Baixo Miño, manifestou sen pudor a saída do congreso dos populares celebrado en Pontevedra: “Agradezo a confianza que Alfonso Rueda e o meu partido depositan en min para formar parte do comité executivo rexional. Nen bargantes, a miña prioridade é A Guarda e non vou parar ata que Antonio Lomba e o seu socio Anxo Baz estean fora do goberno do meu pobo. Ambos son os responsables do abandono e deterioro que sufre A Guarda nestes cuatro últimos anos; se a falta de ideas de Antonio Lomba lle sumamos os enganos á cidadanía i excusas permanentes do BNG de Anxo Baz para tapar a incapacidade manifesta que ostenta, temos unha vila totalmente paralizada”.

A xoven tomiñesa Lara Meneses exercerá a labor de coordinar todas e cada unha das accións que o PP de Galicia realice coa xuventude e as novas xeracións en toda Galicia. Lara Meneses, amosou a súa ilusión e compromiso co seu cargo sen esquecerse do seu concello: “Son de Tomiño. Un concello gobernado por un BNG prepotente e soberbio que esqueceu as necesidades dos vecinos e veciñas e no que as parroquias non contan para nada. Os mozos e mozas, xunto coas xentes das parroquias, pedimos un cambio de goberno municipal pois estamos fartos dun proxecto esgotadado que non vai máis aló do centro de Tomiño e no que a periferia está totalmente abandonada. A alcaldesa Sandra esqueceu que Tomiño son as Tebras, Pinzás, Piñeiro, Amorín, Sobrada, Barrantes, Forcadela, etc.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones