Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Roberto Carrero minte cando afirma que as arcas municipais están nunha situación penosa e delicada

Decidiremos nos próximos días se presentar denuncia no xulgado por falsidade e difusión de mentiras que afectan ao prestixio das persoas mencionadas.

Decidiremos nos próximos días se presentar denuncia no xulgado por falsidade e difusión de mentiras que afectan ao prestixio das persoas mencionadas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Julio de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

O teñen moi fácil Sr. Carrero, coa herencia recibida do anterior equipo de goberno, liderado por Antonio Lomba,  que lles deixa un concello saneado.

 

A Guarda  é un concello saneado, isto quere dicir que o concello da Guarda non ten practicamente débeda con bancos ( a débeda con bancos a data de 2021  era de 249.000€) e non ten  débeda con provedores.  O diñeiro en bancos a data de 31 de decembro de 2022 era de 559.752,95€ e na liquidación do exercicio de 2022   se deixaba un remanente de teusorería positivo por importe de 716.548,94€.

 

Cando os socialistas collemos, no ano 2007, as rendas do concello da Guarda  había unha débeda con bancos de 2.150.606,64€ e débeda con provedores de 2.238.488,47€ ( datos do ano 2006).  Entraban escritos reclamando o pagamento de débedas, un día  si e outro tamén, incluso   algúns escritos   ameazaban con  cortes do subministro, como o da luz. Era un concello endebedado, sen dirección e opaco.

 

Nos  tampouco deixamos débedas con provedores,  este próximo luns 17 de xullo se procederá  ao pagamento das facturas  presentadas na segunda quincena  de abril e na primeira quincena de maio. Polo que hai un tránsito  normal no pagamento de facturas, e  deixamos pagadas  todas as facturas presentadas no ano 2022.

 

Miren, durante estes anos o equipo de goberno liderado por Antonio Lomba e a concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes, foron saneando o concello da Guarda. Non  só ao rebaixar a débeda con bancos ou reducir o prazo de pago a provedores,  acadar o cumprimento das regras fiscais e aumentando o dispoñible en bancos senón que entre outras actuacións  fomos quen de resolver unha situación delicadísima co municipio  veciño de  Caminha. A   falla de pagamento  polo funcionamento do ferry durante os anos de goberno popular ( o que vostede representa) fixo que  Caminha nos plantease  unha demanda superior aos 2 millóns de euros ( 2 millóns e os intereses deses anos), pois con moito traballo e implicación de diferentes departamentos do concello, entre outros, o asesor xurídico ou os departamentos de tesourería e intervención acadamos unha solución por 200.000€. Solucionamos un verdadeiro problema, xerado plo goberno do PP,  para as arcas municipais. Débeda con Caminha saldada. Como solucionamos as indemnizacións polas 21 licencias  ( 19 de elas outorgadas polo PP e Fariñas) e así, a día de hoxe, e despois de moito esforzo económico temos practicamente  liquidadas   todas.

 

A situación económica  do concello da Guarda é a dun concello saneado, o equipo de goberno anterior, liderado por Antonio Lomba, deixa un elevadísimo grado de execución do orzamento do ano 2023. Porque os veciños e veciñas da Guarda nos deran a súa confianza para xestionar, executar o orzamento, buscar cartos doutras administracións para desenvolver proxectos,  etc...dende logo non estabamos para quentar sillóns. Se lles fae falla  póñanse cun novo orzamento para 2023, dispoñen de maioría suficiente, non busquen escusas.

 

Póñanse  a  traballar, lles deixamos proxectos  por máis de 4.800.000€ ( a espera de recibir contestación  en relación con proxectos xa presentados, polo que esta cantidade podería subir aínda máis), proxectos  moi importantes para A Guarda como a rehabilitación integral da Piscina Municipal ou a reforma integral do bloque 1 de Sinde Vello. Gobernar non é sinxelo, pero nunca o tivo máis fácil unha corporación. Lles deixamos proxectos para os próximos anos, coa subvención xa concedida, cartos que pasarán ás arcas municipais.

 

En relación co sentido do voto no pleno organizativo desta pasada semana a postura do Grupo Municipal Socialista é a de preocupación xa que a proposta inicial do Sr. Carrero era dunha adicación do 80%,  a cidadanía guardesa non quere un alcalde con adicación parcial, QUEREMOS UN ALCALDE DE  LUNS A DOMINGO E AS 24 HORAS DO DIA. Non queremos un alcalde ausente, onde o tenente de alcalde campe as súas anchas. E dende logo non trate de enganar, non cobrará salario do concello da Guarda porque o vai cobrar da Deputación de Pontevedra.

 

Finalmente indicar que imos valorar a presentación   de denuncia ao Sr. Roberto Carrera por falsidade e difusión de mentiras que afectan ao prestixio de persoas que, como  todos os veciños e veciñas  saben, fixemos un inxente traballo por sacar ao concello da Guarda adiante, executar obras e mellorar os servizos  sen subir impostos e  deixalo neste 2023 saneado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí