Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Roberto Carrero, portavoz popular en A Guarda, é o representante e coordinador do PP no Baixo Miño

Foi nomeado coordinador do Baixo Miño o sábado 18 no Congreso Provincial do PP de Pontevedra

Foi nomeado coordinador do Baixo Miño o sábado 18 no Congreso Provincial do PP de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Septiembre de 2021

Fuente: PP de A Guarda

O novo presidente do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, presentou ante o Congreso provincial unha candidatura na que integra a unha xeración de dirixentes gañadores e con experiencia municipal. Esta é unha das principais premisas nas que se fixou para perfilar o seu equipo, no que apostou por alcaldes que levan tempo xa gañando eleccións e que coñecen a política de proximidade sen esquecerse de voceiros que, a pesar de ser gañadores, non poden gobernar e se manteñen na oposición e tratando de que toda a provincia estivese ben representada, non só por criterios territoriais, senón tamén no que se refire á súa diversidade.

No que respecta ao equipo escollido destacou que presenta un comité executivo para frontar con éxito as vindeiras eleccións municipais: “son os que máis coñecen a provincia, os que están a pé de rúa constantemente. Son políticos que combinan xuventude con experiencia de xestión pública e que contan co aval das urnas”

Así, xunto á vicepresidenta e ao secretario xeral, postos que recaeron en Nidia Arévalo e Luís López, están oito vicesecretarios e coordinadores comarcais que servirán de ligazón entre a dirección e cada comarca.

Os coordinadores comarcais serán Roberto Álvarez Carrero (Baixo Miño), Fernando Pérez Domínguez (Caldas-Umia), Marta Valcárcel Gómez (Condado), Román Rodríguez González (Deza), Julio García- Logo Pérez (Paradanta), Alberto Acuña Crespo (Pontevedra), Javier Tourís Romero (Salnés), Ana Simóns Sánchez (Val Miñor), Valentín García Gómez (Tabeirós-Terra de Montes), Julio García Comesaña (Vigo) e Elena Estévez Freire (Morrazo).

Para o Baixo Miño, Alfonso Rueda escolleu a Roberto Carrero, presidente e voceiro en A Guarda, por ser persona preparada e que fala “claro, directo e sen ningún problema para decir as cousas en política”.

Os vicesecretarios serán os alcaldes Jorge Cubela (Cerdedo-Cotobade), María Ramallo (Marín), Telmo Martín (Sanxenxo), José López (A Estrada) e José Crespo (Lalín), o presidente do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, e en representación das dúas cidades estarán Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo, e Pepa Pardo, deputada na Deputación de Pontevedra e concelleira na capital.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones