Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ROI CASAL: -AS NOSAS ACTUACIÓNS SON UNHA MESTURA DE BANDA POP-ROCK E DE MÚSICA TRADICIONAL-

O concerto comezará ás 22.00 horas no Auditorio de Goián, en Tomiño

Fecha: 30 de Noviembre de 2013

Fuente: Roi Casal

Roi Casal e a súa banda levarán hoxe día 30 de novembro a xira "Máxicamente vello 2013" ao auditorio de Goián, en Tomiño. O cantante galego chega ao concello para presentar o seu traballo discográfico "Maxicamente vello", que publicou en febreiro de 2011 e co que recibiu moi boa acollida por parte de crítica e polo que Roi Casal foi galardoado en varias ocasións.

O espectáculo, cuxa entrada custará 3 euros, comezará ás 22.00 horas no Auditorio de Goián, e, en palabras de Roi Casal , este concerto será o peche da nosa xira e chegará nun gran momento, xa que despois de catro anos, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Tomiño o meu proxecto musical". Estas declaracións fainas logo de que o xoves realizara varias unidades didácticas nos institutos, "onde máis de un milleiro de rapaces e rapazas disfrutaron da nosa música". O catoirense afirma que "a xente xa coñece moitos dos nosos temas, e o que lle pedimos e que veña a disfrutar, a dar palmas e cantar con nós". Roi Casal define as súas actuacións como unha mestura "dunha banda pop-rock, ao que debemos sumar a inspiración da música tradicional e o colorido que lle dan os instrumentos ", polo que, "é unha música actual, ambiciosa, comprometida, sen complexos e en galego".


Sobre Roi Casal

Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, que dende os 14 anos toca a arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. Tras case unha década no grupo, no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, disco galego máis vendido dese ano. En febreiro de 2011 publicou o seu segundo traballo, Maxicamente vello, no que de novo realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea e co que leva a cabo unha importante xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns. Na actualidade traballa no seu novo disco que sairá á venda nos vindeiros meses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones