Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ROI CASAL E A SÚA BANDA CHEGAN ESTA FIN DE SEMANA AO AUDITORIO DE GOIÁN

O músico e compositor galego, que formou parte de Milladoiro durante unha década, presentará o seu traballo -Maxicamente vello-

Fecha: 28 de Noviembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

Continuando coa programación cultural "Tomiño Música en Outono", organizada polo Concello de Tomiño, chega esta fin de semana (sábado 30 de novembro, ás 22 horas no auditorio), a actuación do músico e compositor Roi Casal coa súa banda, para presentar o album  "Maxicamento vello", un traballo de estudo que amosa a madurez do artista, e demostra, renovando a tradición, que a música en galego non ten que ser necesariamente folk. Un disco gravado hai un par de anos, e do que se venderon máis de 5000 copias, con sons que proveñen de instrumentos coma a arpa, a guitarra eléctrica ou a zanfona, e marcados polas voces do propio músico e da cantante Silvia Ferre. A entrada xeral será de 3 euros.

Concertos didácticos

Roi Casal e Silvia Ferre ofrecerán ademais, co fin de completar a súa actuación, unha serie de obradoiros didácticos cos que visitarán mañá (mércores 27) os colexios de Primaria e o instituto de Tomiño, mesturando a música coa narrativa, e facendo partícipe ao alumnado mediante xogos e preguntas.

Mediante a narración dun conto musicalizado e cantado, que comeza coa enumeración dos instrumentos representados no Pórtico da Gloria da catedral compostelá, Roi Casal irá comentando a orixe da arpa, a zanfona, o bouzouki, etc.

Datos biográficos

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, xa que dende os 14 anos toca a arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzoki. Formado na arpa céltica co reputado Mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro no 2000. Tras case unha década de carreira co grupo, na que gravou seis discos, no ano 2008, iniciou a súa carreira en solitario, coa publicación de Lendas Douradas, un dos discos máis vendidos durante o ano 2009 en Galicia. Dous anos despois, en febreiro de 2011, publicou "Maxicamente vello", un traballo de estudo que amosa a madurez dun artista sen complexos e coa ambición que o caracterizou dende os seus orixes, seguindo a súa liña de creación, cargado de matices.

Programación

A programación cultural de outono continúa en decembro, co grupo "Can de Palleiro", que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un kilo alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.

O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).

Pechará o ciclo de outono "Airiños Novos de Pinzás", o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco "O buraco dos mouros". Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones