Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Rosalía Soler volve á competición pola porta grande

Tras meses sen competir ao máis alto nivel debido a unha lesión, a nadadora guardesa consegue cinco medallas no Campionato Galego Absoluto de Inverno e clasifícase para o Español

Tras meses sen competir ao máis alto nivel debido a unha lesión, a nadadora guardesa consegue cinco medallas no Campionato Galego Absoluto de Inverno e clasifícase para o Español

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Diciembre de 2022

Fuente: Redacción

Tras un ano cheo de altibaixos, a deportista guardesa Rosalía Soler vén de retomar a competición por todo o alto. O pasado fin de semana, a nadadora do Real Club Náutico de Vigo conseguiu un total de cinco metais no Campionato Galego Absoluto de Inverno: prata en 50 metros costas e 100 metros bolboreta a nivel individual e no 4x50 estilos en equipo, xunto cun ouro no 4x100 estilos e no 4x50 libres, tamén en equipo. Ademais, a súa marca no 50 costas valeulle a clasificación para o vindeiro Campionato de España Absoluto de Inverno, que se celebrará a próxima fin de semana en Sabadell (Barcelona).

Uns resultados abraiantes, pero que gañan aínda máis mérito tendo en conta os meses que vén de pasar a moza guardesa. Dende deixar a competición por problemas de saúde mental ata iniciarse no fútbol co Tomiño CF, pasando por unha rotura do ligamento cruzado anterior no xeonllo dereito que a mantivo apartada da piscina e do campo durante meses, Rosalía Soler conta que ela é a primeira sorprendida polos seus tempos.

Na temporada deportiva 2020/2021, a nadadora conta que adestraba todos os días da semana entre A Guarda e Pontevedra, onde cursaba o último ano do Grao en Fisioterapia. Neste momento conseguiu moi bos resultados, clasificándose para o Campionato de España de Verán e obtendo numerosas medallas, pero ela mesma relata que sentía que tiña que baixar o ritmo. "Estaba contenta, pero era un nivel de esixencia moi alto e apenas descansaba", lembra Soler, que a raíz diso comezou a desenvolver problemas de ansiedade e a necesitar afastarse da competición: "Non quería saber nada de natación", conta.

Foi nese momento cando a guardesa comezou a interesarse polo fútbol e iniciou os seus adestramentos co equipo sénior do Tomiño FC Feminino, que milita na 1º División LGF, nun intento de volver desfrutar do deporte sen presión. Tres meses despois, en decembro de 2021, o equipo decidiu incluíla na plantilla oficial para comezar a competir, coa mala sorte de que o mesmo día que asinou a ficha, Soler rompeu o ligamento cruzado do xeonllo no adestramento horas despois.

A lesión afastouna do deporte ao ese nivel durante uns meses, facendo rehabilitación de forma moi gradual por si mesma e coa axuda de fisioterapeutas. A nadadora esperou ata maio para operarse, priorizando finalizar os seus estudos, e non foi ata setembro cando retomou a natación, esta vez en Santiago, onde traballa actualmente como fisioterapeuta. "O equipo de Santiago acolleume moi ben, eu quería nadar para facer algo de deporte e recuperar forma, pero non quería facelo sola nin de broma", relata a moza guardesa.

Tras uns meses adestrando sen o obxectivo de competir, o Náutico de Vigo convidouna a unha competición o pasado 6 de novembro, á que Rosalía Soler acudía sen presión pero co obxectivo de facelo o mellor posible. Foi nese momento cando conseguiu a clasificación para o Campionato Galego da pasado fin de semana, cos obxectivos xa mencionados. "O tipo de piscina de inverno dáseme mellor e fun sen ningunha presión, e había moito nivel, pero pensei que se me clasificaba para as finais sería un gran premio", explica Soler. "Fixen a mesma marca agora que cando estaba adestrando ao maior nivel, algo que non esperaba", engade aínda sorprendida a nadadora.

Este logro indica que está a recuperar o seu nivel e incluso con mellores marcas, pero ela explica que o seu obxectivo é o mesmo: "Eu vou facer exercicio, a adestrar cos meus compañeiros, e pásoo moi ben. É certo que vou ao Campionato de España, pero non vou cambiar nada na miña preparación, non vou adestrar máis porque sería volver ao de antes", relata a deportista, que asegura que busca coidar a súa saúde mental, así como centrarse na súa recén iniciada carreira laboral como fisioterapia. "O que si que creo que vou aparcar é o fútbol, porque a posibilidade de lesionarme de novo está aí, agora mesmo non teño esa necesidade que si que tiña antes", engade Soler.

"Este Campionato foi moi emocionante, non tiña ningún tipo de presión, pero tomeimo como un premio porque hai dous meses non podía nadar de seguido", conclúe a deportista guardesa, orgullosa de poder obter resultados tan destacables mesmo adestrando a un nivel máis baixo e priorizando outros aspectos da súa vida.

Pero sobre todo, o máis importante para Rosalía Soler é que pode volver desfrutar do deporte coma sempre, tras unha serie de momentos que lle fixeron entender que, ao final, a saúde mental é o primeiro. "Todo este proceso paseino acompañada de psicólogas, e animo a todo o mundo que poida facelo a contar con iso. É moi importante o aspecto físico pero tamén o mental, e eu mesma noteino moitísimo", explica.

Polo de agora, a nadadora guardesa participará no Campionato Absoluto de Inverno de España en Sabadell entre os días 16 e 18 de decembro, onde todos os que a rodean saben que tampouco vai pasar desapercibida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí