Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rubblebucket: a banda sonora do Play-Doc 2018 chega desde Brooklyn

A banda en directo e en exclusiva no festival de Tui o sábado 28 de abril ás 00:30 en colaboración con SON Estrella Galicia

A banda en directo e en exclusiva no festival de Tui o sábado 28 de abril ás 00:30 en colaboración con SON Estrella Galicia

Fecha: 23 de Marzo de 2018

Fuente: Play-Doc Tui

En exclusiva para Play-Doc Festival Internacional de Documentais a banda de Brooklyn, Rubblebucket, actuará o sábado 28 de abril na sala Metropol de Tui. Será un concerto único cun grupo cheo de enerxía e fóra de etiquetas dentro da escena independente norteamericana, cuxas caras visibles son a cantante e saxofonista Kalmia Traver e o trompetista Alex Toth. Rubblebucket refírese en inglés aos contenedores de obra, os destinados ás grandes escombreiras. O container musical da banda Rubblebucket é amplo: afro-funk, art-rock, pop, dance. O resultado, ecléctico e enerxético. E, sobre todo, bailable, ninguén fica sentado. Play-Doc Live! é a vertente musical e máis lúdica do festival de Tui, que desenvolve a súa décimo cuarta edición do 26 de abril ao 1 de maio cun programa que, alén das proxeccións, ofrece actividades paralelas para públicos diversos.

Divertidos e vibrantes, coincide a crítica tras pasar polos seus shows. Para a revista Rolling Stone os de Brooklyn son unha especie de "versión indie-rock mellorada de Miami Sound Machine, con bailes, claxons e todo". As orixes de Rubblebucket están no encontro entre a cantante e saxo tenor Kalmia Traver e o trompetista Alex Toth na Universidade de Vermont. Ambos tocarían durante dous anos e medio nun combo de latin jazz. Tempo despois, entraría en escena o trombonista Adam Dotson, os tres comezan a compoñer e a reclutar músicos para o proxecto que tomaría forma de primeiro disco en 2008 con Rose´s Dream.

Anos de ducias de directos que foron recompensados en 2011 co éxito comercial do disco "Omega La La", con hits como "Came Out of Lady" (incluída na banda sonora da película "Drinking Buddies" dirixida en 2013 por Joe Swanberg) e "Silly Fathers", que ampliaron moito a audiencia da banda.

Aínda había moito máis por chegar. 2014 será un ano intenso para a banda: editan "Survival Sounds" ao tempo que Kalmia Traver se recupera dun cancro e abren para Arcade Fire en Glastonbury no momento no que a banda canadiana fai estoupar "The Reflektors". A experiencia foi tan boa que Rubblebucket volvería a compartir escenario máis veces cos de Win Butler. Tras o lanzamento de "Survival Sounds", o seu último longa duración, a banda xirou ano e medio.

En 2015 comezan a escribir novas cancións que formarán parte do último traballo de Rubblebuckets: o EP "If U C My Enemies" (2017). Da súa capacidade creativa e espírito inquedo dan fe tamén os proxectos paralelos e activos na actualidade de Alex Toth e Kalmia Traver. Se o trompetista desenvolve Alexander F en solitario, a cantante e saxo lanzou o verán pasado o seu proxecto de pop electrónico experimental Kalbells. A súa música é a celebración da vida aquí e hoxe: catarse e inmellorable terapia, como apunta a propia Kalmia Traver.

Ademais de Traver e Toth, forman parte de Rubblebucket o trombonista Adam Dotson, o guitarrista Maddie Rice e o baixista Dandy McDowell. O concerto Play-Doc Live! Desta edición terá lugar o sábado 28 de abril ás 23:30 na sala Metropol (Rúa Porta da Pía) de Tui. As entradas á venda en www.ticketea.com a partir do 22 de marzo a un prezo de 12 euros máis gastos de xestión; na billeteira o mesmo día do concerto, 16 euros.

Play-Doc Support 2018

A décimo cuarta edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais, do 26 de abril ao 1 de maio, volve a ofrecer ao público a oportunidade de converterse en colaborador do mesmo. A partir de cincuenta euros o público pode obter unha acreditación especial que lle permitirá acceder de maneira gratuíta e preferente a todas as proxeccións, actividades e concertos que programe o festival. Pero cunha achega mínima de dez euros o público do festival xa pode lucir chapa de colaborador. O festival procura implicar á súa audiencia no fortalecemento do evento e no seu futuro ao mesmo tempo que lle ofrece a posibilidade de disfrutar doutro xeito de Play-Doc. Toda a información sobre Play-Doc Support! na páxina do festival www.play-doc.com.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones