Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

SAMUEL DIZ PRESENTA ESTE VENRES EN TUI -IMPRESIÓNS E PAISAXES, COMA O PRIMEIRO LIBRO DE LORCA-

Este traballo é froito da súa investigación sobre a Xeración do 27. O concerto comezará ás 21h no Teatro Municipal.

Este traballo é froito da súa investigación sobre a Xeración do 27. O concerto comezará ás 21h no Teatro Municipal.

Fecha: 19 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de Tui


O músico tudense Samuel Diz ofrecerá este venres, 19 de febreiro, en Tui o seu primeiro concerto en Galicia de presentación do seu último traballo discográfico "Impresións e paisaxes, como primeiro libro de Lorca" froito da investigación que levou a cabo nos últimos anos sobre a Xeración do 27. A cita será ás 21h no Teatro Municipal.

En "Impresións e paisaxes, como o primeiro libro de Lorca" García Lorca é o elo de unión dun crisol de composicións que Samuel Diz reúne neste seu segundo traballo discográfico. Dende Manuel de Falla a Fernando Buide o popular e o erudito van da man nun repertorio no que a guitarra é a gran protagonista. O de Tui será un espectáculo único polo feito de actuar na súa localidade natal.

Samuel Diz realizou o pasado mes de novembro a presentación deste novo disco no Centro Cultural Generación del 27' de Málaga. Posteriormente, en decembro, estivo na Universidade de Cork en Irlanda e no Círculo de Bellas Artes de Madrid, a comezos deste mes. E elixiu Tui para o primeiro concerto deste traballo en Galicia.

O tudense Samuel Diz graduouse no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla baixo a dirección de Gaëlle Sola, ampliando a súa formación con distintos mestres coma Alen Garagic ou Daejun Jang. Recibiu, entre outros, o premio Andrés Segovia-J.M. Ruiz Morales polo estudio e interpretación da música española en Música en Compostela, así coma o Premio da Crítica El Primer Palau, e foi seleccionado como artista polo INJUVE nas axudas á creación xove. Samuel Diz conta amais co posgrado en xestión de empresas musicais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. É o director do festival interdisciplinar Música no claustro, que se celebra anualmente na Catedral de Tui.

As entradas están á venda en en
www.culturatui.info ata este venres 19 ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.
Samuel Diz en Concerto "Impresións e paisaxes, como o primeiro libro de Lorca"

Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 19 de febreiro, ás 21h
Venda de entradas:
- En en www.culturatui.info ata este venres 19 ás 12h
- No despacho de billetes o venres dende ás 19.30h
- Prezo de 4€ e 3€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí