Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

San Xerome de novo en movemento

Mudamos a nosa organización, o xeito en que prestamos os nosos servizos, para adaptalos ás novas circunstancias, para garantir en todo momento a máxima seguridade, benestar e prevención.

Mudamos a nosa organización, o xeito en que prestamos os nosos servizos, para adaptalos ás novas circunstancias, para garantir en todo momento a máxima seguridade, benestar e prevención.

Fecha: 29 de Junio de 2020

Fuente: San Xerome

Despois deste período de cambios que nos tocou vivir nos últimos tempos, debido á incerteza e grande risco provocados pola crise sanitaria do covid-19, que nos obrigou a pecharnos nas nosas casas, a distanciarnos das persoas e a suspender todo tipo de actividades colectivas; a pesares de seguir con certo "medo no corpo", que superamos adoptando estritas medidas de prevención, prevención e máis prevención coas que poidamos ofrecer garantías de seguridade e tranquilidade ás nosas persoas usuarias e as súas familias, San Xerome, por fin, volve a retomar algunhas das súas actividades.

Este intenso período de "parón social", nos serviu para traballar duramente en repensar os nosos servizos e actividades, e buscar as formas más axeitadas de seguir acompañando e apoiando os proxectos de vidas das nosas persoas usuarias, a nosa razón de ser.

Mudamos a nosa organización, o xeito en que prestamos os nosos servizos, para adaptalos ás novas circunstancias, para garantir en todo momento a máxima seguridade, benestar e prevención. Pero o que non mudamos é a nosa esencia, o noso compromiso coas persoas e os seus soños, para iso estamos novamente eiquí, ao pé do cañón, desexando compartir sorrisos cos ollos, que consigan sobrepasar e facer fronte a calquera mascarilla, por imprescindible que sexa.

A partires da semana que ven retomaremos unha chea de actividades dirixidas ás nosas persoas. O servizo de Adultos reanuda actividades, mudando de forma para ofrecer apoios individualizados de tres xeitos diferentes, no domicilios das persoas usuarias, na contorna, ou no noso Centro con cita previa e de xeito individual. Tamén a formación para o emprego cos proxectos de Formación Dual en Limpeza e o proxecto XE-MENTE INNOVACIÓN, sobre agroecoloxía. E para non descuidar o lecer e tempo libre, dous Campamentos urbanos, un dirixido ao alumnado do noso Centro Educativo e outro ás persoas adultas, son algunhas das propostas que podemos ofrecer ao longo destes meses de verán, para que as nosas persoas e familias poidan recuperar un pouquiño de novo as súas vidas e as súas rutinas, asumindo este novo reto con grande responsabilidade e ilusión.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones