Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sanidade finaliza a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia para analizar a circulación do COVID-19

Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais

Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais

Fecha: 09 de Mayo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade vén de rematar a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o pasado 23 de abril, que con carácter autonómico analiza a circulación do virus SARS-Cov2 dentro da poboación galega en todo o territorio. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en iniciar un estudo de seroprevalencia poboacional dentro do Estado.

Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais.

Cómpre remarcar que o total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada, para obter as 50.925 persoas establecidas na mostra inicial coa finalidade de cumprir cos obxectivos do estudo.

Obxectivos do estudo e mostra

Os obxectivos deste estudo realizado polo departamento sanitario galego son os de estimar a prevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia, nas súas comarcas ou grupos de comarcas e nos concellos; así como explorar a prevalencia da inmunidade fronte ao coronavirus por sexo e grandes grupos de idade, ademais de monitorizar a evolución da epidemia no tempo, coa recollida de información en dúas ondas.

O número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.

Este estudo epidemiolóxico permitirá ter unha visión máis nítida e ampla do COVID-19 en Galicia, repercutindo, dun xeito beneficioso, en toda a poboación, xa que os resultados do traballo, permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas; ademais de coñecela súa incidencia de acordo as variables de sexo, idade, área territorial; poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.

Test avalados

Os test de anticorpos totais utilizado para este traballo teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxia e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade. Ademais, a Organización Mundial da Saúde recomenda este tipo de test rápidos so para estudos poboacionais e, en xeral, os descartan para o diagnóstico, coincidindo coa conclusión da Comisión de Expertos da Xunta de Galicia do pasado 8 de abril.

Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.

Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.

A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones