Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Sanidade reunirase dúas veces por semana cos Concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño para o seguemento da situación epidemiolóxica

En Tomiño existen na actualidade 7 casos activos de COVID19

Os tres rexidores mantiveron hoxe o primeiro encontro por videoconferencia

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

No día de hoxe tivo lugar a primeira dunha serie de reunións por videoconferencia que a Consellería de Sanidade manterá dúas veces por semana cos rexidores dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, con motivo dos brotes vividos nos últimos días nestes municipios. No caso de Tomiño a situación epidemiolóxica é mellor que na Guarda e O Rosal, pero dada a estreita relación que une á poboación dos 3 concellos, considerouse necesario a participación de Tomiño.

O obxectivo destes encontros será valorar a situación e a evolución de xeito frecuente, e facilitar aos concellos os datos relativos aos casos activos que hai en cada momento.

Nesta primeira reunión Sanidade informou de que en Tomiño existen na actualidade 7 casos activos de COVID19, entendendo como casos activos aqueles que foran positivos na proba de PCR, que aínda non se lles dera a alta médica, e que teñan o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saude de Tomiño.

Así mesmo, Sanidade informou de que durante a fin de semana non houbo ningún caso máis notificado, o que se valora como unha boa nova e se espera que sexa unha sinal da boa evolución no territorio.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño declaraba que “é fundamental que o goberno autonómico facilite puntualmente aos concellos, que son as institucións en contacto directo coa poboación, os datos oficiais para poder informar e tomar as medidas que, dentro das competencias municipais, sexan necesarias”. Así mesmo, sinalaba que “en Tomiño estase a facer un esforzo continuo e intenso por manter informada á poboación”, e que “unha comisión municipal fai seguemento permanente da situación”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí