Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Segunda convocatoria do programa da Deputación -Labora 2020- por case 2,4 millóns de euros

As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía.

As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía.

Fecha: 29 de Junio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o expediente de contratación para adxudicación do servizo de formación para a segunda convocatoria da iniciativa formativa "Labora 2020", proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Así o presentou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, que explicou que "o emprego segue a ser unha das grandes preocupacións das administracións públicas". O orzamento deste segundo contrato ascende a case 2.400.000 euros, mentres que a inversión total do proxecto ascende a 5.000.000 euros.

Con este segundo contrato do proxecto Labora 2020 preténdese desenvolver 29 accións formativas que están incluídas en catro itinerarios de formación: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio, docencia da formación profesional para emprego e xestión de chamadas de teleasistencia. Deste xeito, "trátase de formación para que a xente desempregada máis vulnerable poida ter a formación necesaria para "situacións e empregos que hoxe van ter unha enorme demanda", segundo amosou Carmela Silva.

As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía. En total, 435 persoas sen emprego van poder participar nestes cursos, que serán presenciais e contarán con axudas en concepto de transporte e asistencia para contribuír á súa realización. "Esta é a aposta da Deputación para favorecer a empregabilidade das persoas máis vulnerables: persoas mozas que teñen risco e dificultades para acceder ó emprego, persoas de máis de 55 anos, persoas con diversidade funcional e tamén inmigrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas", dixo a presidenta da institución.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones