Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Seis medallas para Os Teixugos no Campionato Galego de promoción de slálom

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 12 pequenos deportistas, un bo número, que día a día continúa medrando, acompañados de Emilio Rodríguez e Pablo Pousa, os seus adestradores.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 12 pequenos deportistas, un bo número, que día a día continúa medrando, acompañados de Emilio Rodríguez e Pablo Pousa, os seus adestradores.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2022

Fuente: Rosa Carrera

Este domingo disputouse no río Tea ao seu paso por Mondariz o Campionato Galego de Promoción de slálom. Os máis cativos dos clubs galegos déronse cita nesta competición, que é a máis importante da Liga Galega de Promoción.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con 12 pequenos deportistas, un bo número, que día a día continúa medrando, acompañados de Emilio Rodríguez e Pablo Pousa, os seus adestradores.

En K1 benxamín, Rita Oliveira, proclamouse campioa galega ao facer a mellor baixada da categoría.

Nerea Álvarez, na categoría alevín, tivo dobre participación e  dobre medalla de bronce, pois rematou terceira en K1 e tamén en C1, modalidade na que se estreaba en competición.

En K1 pre-benxamín, Roque Oliveira acadou  a prata e o seu compañeiro Nicolás Piñeiro o bronce.

En K1 benxamín, Lois Montenegro rematou terceiro, subindo tamén ao podio. Na mesma categoría Tiago Rey foi noveno e Martín Vicente décimo.

En K1 home alevín, Alejandro Barreiro rematou sexto, Iván Cruz décimo terceiro, Leo Álvarez  décimo cuarto e Tymofii Monasty décimo quinto.

En k1 home infantil, Brais Álvarez foi décimo.

Gran balance para os do Deportivo Miño a nivel de podios, con unha medalla de ouro, outra de prata e catro bronces, aínda que a finalidade destas competicións e a promoción deste deporte entre os máis pequenos. Un deporte no que prima o esforzo e a loita contra o río e as portas, o espírito de superación, o compañeirismo e a solidariedade.

Na clasificación final por equipos, o Deportivo Miño-Teixugos rematou cuarto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí