Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sentida homenaxe aos asasinados polo franquismo na Guarda

Antonio Lomba incidiu na vontade por parte do Concello da Guarda de continuar contribuíndo á lembranza das vítimas do franquismo na vila

Antonio Lomba incidiu na vontade por parte do Concello da Guarda de continuar contribuíndo á lembranza das vítimas do franquismo na vila

Fecha: 30 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O pasado venres día 27 de outubro celebrouse no cemiterio de Sestás a homenaxe anual aos asasinados durante o franquismo, coa realización dunha ofreda floral e a pronunciación dun discurso a prol da memoria histórica, organizada pola Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras da comarca de Vigo en colaboración co Concello da Guarda.

O acto comezou pasadas as 17:30 horas fronte a fosa común de Sestás, na que 48 homes, principalmente procedentes de Asturias e León, foron "asasinados da forma máis cruel posible", segundo referiu o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

Representando a unión comarcal de CCOO de Vigo, Paco Carrera tomou a palabra fronte o preto do centear de persoas congregadas no camposanto para por en valor a necesidade deste acto anual. "Cando unha sociedade perde a súa memoria, perde unha parte da súa biografía social e as referencias do que é e por que o é", asegourou Carerra, que animou a seguir "lotando pola liberdade e a xustiza, pois nada é eterno e inmutable e nada se consegue baixando os brazos e practicando a arte da indiferencia".

Nesta mesma liña, o secretario xeral de Pensionistas do sindicato en Vigo, Roberto Ucha, rememorou o contexto histórico, caracterizado polo ascenso dos fascismos en Europa, no que se acometeron os asasinatos en Camposancos. "Eses sistemas crearon un monstruo que levou a guerra civil española primeiro, e a guerra mundial despois" causando millóns de mortes durante e despois dos conflictos, lembrou Ucha. Con todo, asegurou, "o antifascismo é a idea que une a todos os que estamos aquí, polo terror a que ese sistema se repita en Europa".

O acto de homenaxe trasladouse deseguido ao Centro Cultural, onde tivo lugar unha charla-coloquio guiada polo investigador e historiador vigués, Bernardo Vázquez e na que tamén participou o guardés e estudoso da historia local, José Antonio Uris. A el referiuse o rexedor como "unha das persoas que se preocupou por darlle dignidade ao cemiterio" de Sestás, no que dende agosto de 1986 figura un monumento na lembranza das persoas alí fusiladas e soterradas "por defender as liberdades democráticas" durante a Guerra Civil española.

Uris realizou un repaso á historia do campo de concentración guardés, dende a chegada dos primeiros prisioneiros asturianos en 1937, no que preto de 5.000 homes chegaron a convivir amoreados e centos foron fusilados ou morreron por enfermidade, ata o levantamento do monumento na fosa común.

Co título "Os Consellos de Guerra: a xustiza do revés", Vázquez ofreceu aos asistentes mostras dun bo número de documentos da época que dan conta da represión acometida polo sistema franquista dende a sublevación en 1936. Entre os mecanismos institucionalizados de represión, destacou o historiador, atopábanse os Consellos de Guerra, un "instrumento de xurisdicción militar aplicado a miles de homes e mulleres". As condenas -de 30 anos, cadea perpetua ou morte- "dependían directamente do perfil político da persoa", de xeito que aqueles ligados ás institucións republicanas serían fusiladas, namentres unha "desafección á causa nacional" custaría a liberdade.

O tribunal militar, que comezou a traballar no campo de concentración de Camposancos en 1938, chegou a celebrar unha media de catro consellos de guerra ao día cunha vintena de prisioneiros en cada unha das sesión. Non todos os condenados, segundo explicou Uris, atoparon a morte na Guarda, pois moitos deles foron trasladados a outras partes de Galicia, como Vigo ou Pontevedra, para ser executados.

Con todo, sentenciou o guardés, "non debemos esquecer nunca a estas persoas, que tiñan como ideais a liberdade e a democracia, e morreron por elas". Nesta liña, Antonio Lomba incidiu na vontade por parte do Concello da Guarda de continuar contribuíndo á lembranza das vítimas do franquismo na vila, malia que "todo o que fagamos para honrar a súa memoria e a das súas familias será pouco" dada a inxustiza froito da cal estas persoas perderon a vida.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones