Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Serafín Zubiri e a Banda de Goián renden homenaxe a Nino Bravo

A Agrupación Musical de Goián actuará xunto a Serafín Zubiri este venres 19 de agosto na do Praza Pintor Antonio Fernández

A Agrupación Musical de Goián actuará xunto a Serafín Zubiri este venres 19 de agosto na do Praza Pintor Antonio Fernández

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

No marco do ciclo “O Son da Prazas”, a Agrupación Musical de Goián, dirixida polo Mestre Pedro Villarroel González, unirase á voz de Serafín Zubiri nun gran concerto chamado “Lembrando a Nino Bravo”. Trátase da actuación estrela do verán no Concello e terá lugar este venres 19 de agosto a partir das 22.30 horas, na do Praza Pintor Antonio Fernández de Goián.

Durante o concerto recrearanse os temas máis emblemáticos de Nino Bravo e crearase un clima moi emocionante no que as persoas asistentes poderán escoitar de novo directo cancións tan relevantes como "Noelia", "Un beso y una flor" ou os himnos "América, América" ou "Libre", entre outras moitas composicións que forman parte do legado do cantante valenciano.

A vida de Serafín Zubiri é unha aventura cun rumbo constante e definido: a superación a través da música e o deporte. A súa cegueira de nacemento non lle impediu sacar adiante a súa carreira como artista na que editou 8 discos e fraguou un extraordinario currículo deportivo, nos que destaca a súa participación nos festivais de Eurovisión dos anos 1992 e 2000.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida “á veciñanza a desfrutar desta xornada inesquecible na que escoitaremos de novo os temas máis emblemáticos dun artista admiradísimo como é Nino Bravo, coa magnífica interpretación de Serafín Zubiri e neste caso, ademáis, acompañado pola nosa Agrupación Musical de Goián”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí