Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Sete medallas para Os Teixugos na 1ª Copa de España de slálom

Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño-Teixugos foi sexto nos dous días de competición.

Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño-Teixugos foi sexto nos dous días de competición.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Febrero de 2022

Fuente: Rosa Carrera

Esta fin de semana deu comezo a Liga Española de Slálom 2022 coa celebración da primeira Copa de España. Aínda que estaba previsto que tivera lugar en Galicia, a falta de auga fixo que a última hora se decidira a súa disputa na canle da localidade ilerdense da Seu D´Urgell. Alí se deron cita preto de douscentos deportistas de toda España, que ao longo de dous días intentaron facer o seu mellor papel. Cada copa consta de dúas competicións independentes, unha sábado e outra o domingo, primeiro dispútanse as clasificatorias e os dez mellores tempos de cada categoría, veterano, sénior e júnior, pasan a finais, onde loitan por un posto no podio.

O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu con nove deportistas, que ao longo dos dous días disputaron as probas cuns resultados impresionantes.

En K1 Veterano, Emilio Rodríguez subiu ao podio nos dous días, o sábado como terceiro e o domingo como gañador.

En K1 sénior, Manuel Ochoa, tamén acadou dúas medallas, o sábado unha prata e o domingo bronce.

En C1 júnior, Alba Soutelo, tamén  dobre medalla, o sábado foi segunda e o domingo terceira. Alba tamén baixou en caiac, pero non deu acadado as finais, rematando duodécima e décimo octava.

En C1 sénior, Luís Fernández, o sábado foi prata a centésimas de segundo do primeiro clasificado, e o domingo, seis segundos de penalización por toques deixárono fóra do podio, a pesares de facer un bo tempo, rematando sexto.

Sergio Rodríguez, en k1 júnior, o sábado conseguiu facer final, quedando cuarto, a centésimas de segundo de acadar medalla; o domingo quedou fóra de finais por un toque, no décimo primeiro lugar. Na mesma categoría,  Alexis Segadaes, rematou trixésimo sexto e décimo noveno.  Laura Alonso foi décimo quinta e décimo sexta en k1 sénior. Ainhoa Barreiro, en K1 júnior, foi vixésima o sábado e unha indisposición non lle permitiu competir o domingo. Brais Castro, en C1 sénior, rematou décimo cuarto e décimo sétimo.

Impresionantes os teixugos nesta Copa de España, na que se mediron co melloriño do panorama nacional e souberon estar a altura, tal e como demostran as sete medallas acadadas, un ouro, tres pratas e tres bronces, e os nove deportistas finalistas.

 

Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño-Teixugos foi sexto nos dous días de competición.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí