Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sexto día de folga do persoal de IKF contra a dobre escala salarial que a empresa quere prolongar no tempo

O amplísimo seguimento do paro indefinido provoca que a fábrica estea sen actividade

O amplísimo seguimento do paro indefinido provoca que a fábrica estea sen actividade

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Julio de 2021

Fuente: CIG

Os traballadores e traballadoras de Imerys Kiln Furniture (IKF) cumpren este luns a sexta xornada en folga indefinida para rexeitar a pretensión da dirección de perpetuar a dobre escala salarial -que implica que persoal da mesma categoría laboral cobre até 5200 euros menos ao ano-, así como á liberalización dos horarios que a transnacional francesa quere impor.

A folga está rexistrando un seguimento total entre o persoal de produción e dun 70% entre o persoal técnico e administrativo, polo que a fábrica da Guarda está sen actividade dende hai case unha semana. Malia esta parálise produtiva, até o momento a dirección non fixo nin un só movemento nin tentou negociar co comité, evidenciando a súa nula vontade de diálogo. "A empresa está botándonos un pulso, a ver quen aguanta máis", salienta Xulio Vicente, da FCM-CIG de Vigo, quen destaca o amplísimo seguimento que ten a folga, con carácter indefinido, e a disposición do persoal a loitar.

Para visibilizar as súas demandas fóra do centro de traballo, o comité mantivo esta mañá unha reunión co alcalde da Guarda e o pasado venres coa alcaldesa do Rosal para trasladarlles a situación laboral na fábrica (que se dedica á fabricación de materiais refractarios) e solicitar o apoio institucional ás reivindicacións do persoal.

Consolidar as diferenzas salariais e flexibilización da xornada

Cómpre lembrar que a asemblea de traballadores/as acordou ir á folga para rexeitar a proposta da empresa de manter durante oito anos máis a dobre escala salarial pactada en 2018 co anterior comité (no actual a CIG ten 4 dos 5 delegados/as). Segundo este acordo, as persoas que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano.

Xunto a isto, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde, o que se traduciría  na liberalización dos horarios a dispor da empresa, supondo un ataque ao dereito de conciliación da vida laboral e familiar. "A dirección quere que o comité lle asine a barra libre de luns a sábado para obrigar a xente a facer horas extraordinarias e flexibilizar aínda máis a xornada", denuncia Vicente.

Ademais, a empresa tamén quere introducir cambios no goce das vacacións, "pois dende hai 40 anos a planta pecha en agosto, pero agora pretende que o persoal vaia de vacacións 15 días en agosto e os outros 15 cando a empresa lle conveña".

Outro dos motivos que levaron á convocatoria de folga ten que ver coa renovación do pacto de empresa, que caducou o 31 de decembro de 2020. As partes comezaron a negociar a renovación en abril, mais o acordo non é posíbel porque non existe consenso na actualización salarial, xa que a empresa quere aplicar a suba que marca o convenio estatal, cando hai un pacto de empresa propio.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí