Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Socialistas de Tomiño abandonan o pleno ante a -prepotencia institucional- do Goberno do BNG

O grupo municipal socialista abandonou a sesión plenaria no punto número 3 da orde do día, correspondente á aprobación do orzamento xeral, en sinal de protesta.

O grupo municipal socialista abandonou a sesión plenaria no punto número 3 da orde do día, correspondente á aprobación do orzamento xeral, en sinal de protesta.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Diciembre de 2022

Fuente: Socialistas de Tomiño

Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG en Tomiño, decidiron abandonar a sesión plenaria celebrada este xoves 1 de decembro no Concello en sinal de protesta, por non consensuar "nunca" o Goberno municipal as datas das sesións.

"Consideramos unha falta de respecto e lealdade á Corporación municipal a imposición do Pleno no día de onte, tendo en conta a importancia do debate e aprobación do orzamento xeral que será o documento económico que rexirá o vindeiro ano, e o tempo mínimo para estudar a fondo a documentación. Pretende o BNG que un documento que levou casi tres meses elaborar, o examinemos en unha semana, pois recibimos a documentación o mércores día 23", denuncian as edís socialistas.

O PSdeG de Tomiño indica que é "inaudito" que durante cinco meses se teña celebrado un único pleno ordinario, e que se convoque nunha mesma semana á Comisión Informativa de Asuntos Plenarios e o propio pleno sen consenso cos demais membros da Corporación, e aducindo razóns "disparatadas" para non aprazalo como que "a maioría da súa xente saíra de vacacións a vindeira semana", ou que resta unha sesión por celebrar antes de rematar o ano.

As socialistas de Tomiño consideran estes argumentos incribles, polo feito de que o único responsable de non ter convocado as sesións en tempo é o propio Goberno municipal, segundo aseguran. "Do asueto dos concelleiros e concelleiras non vou comentar nada máis, pois creo que xa se comenta só", manifestou a voceira socialista, Violeta de Santiago.

Con respecto ao documento orzamentario, De Santiago explica que o incremento no mesmo se debeu á incorporación dunha partida do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra que será destinada a gastos correntes, o que evidencia "a pésima situación económica do Concello, que non está para sacar peito precisamente, xa que a maioría das Concellerías sofren un recorte importante".

As do PSOE denuncian que o anuncio dun incremento do salario dos funcionarios nun 5% é falso, indicando que está consiganada unha suba dun 2,5% establecida nos Orzamentos Xerais do Estado, dun 0,5% máis vinculado ao PIB e dun último 0,5% vinculado ao IPC, a revisar en setembro de 2023, que se abonará se se dan as circunstancias axeitadas, polo que en todo caso chegaríase ao 3,5%.

Expoñen, así mesmo, que o importe de remanente de tesourería de 3,8 millóns de euros, "síntoma de bo facer publicado na prensa", tamén e falso, pois "a día de hoxe non hai remanente ningún á espera da liquidación do exercicio.

Por todo isto, as socialistas tomiñesas indican que o BNG "minte á cidadanía, e minte tamén aos seus votantes con estas declaracións, que non se axustan á verdade". Fartas desta situación de "prepotencia institucional", as concelleiras do PSdeG decidiron abandonar o pleno do pasado 1 de decembro en sinal de protesta, para que o Goberno do BNG entenda que "o Concello non é o seu cortixo, que a Corporación está constituída por 17 concelleiras e concelleiros, que non todas gobernamos pero si contamos, formamos parte deste órgano colexiado e representamos a unha parte da veciñanza de Tomiño", conclúen.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí