Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SONS DE FRONTEIRA PRESENTA CONCERTOS DE JAZZ ESTA FIN DE SEMANA NA PRAZA DE SAN FERNANDO EN TUI

Serán o venres e sábado ás 20h e ás 23h

A música encherá a praza de San Fernando, en Tui, co festival Sons de Fronteira que se vai celebrar este venres 5 e sábado 6. Organizado polo Concello de Tui, Foro Tude, ADEGA e Radio Municipal coa colaboración de Monumental e O Novo Cabalo Furado o jazz

Fecha: 05 de Septiembre de 2014

Fuente: www.concellotui.org

A música encherá a praza de San Fernando, en Tui, co festival Sons de Fronteira que se vai celebrar este venres 5 e sábado 6. Organizado polo Concello de Tui, Foro Tude, ADEGA e Radio Municipal coa colaboración de Monumental e O Novo Cabalo Furado o jazz será o protagonista nos catro concertos programados.

A presentación de Sons de Fronteira tivo lugar esta mañá na Casa do Concello de Tui a cargo do alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, e o responsable da ADEGA, Santiago Pérez.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou que a música estará acorde co entorno no que se vai celebrar o festival, aos pés da Catedral de Tui. Salientou coma o espírito desta iniciativa é o de cooperación, ao tempo que sinalou a proxección que esta actividade poderá ter tanto polo cartel que presenta coma pola dinamización da zona monumental, coma pola repercusión que terá na hostalería e no comercio local.

Nicolás Lorenzo, concelleiro do Conxunto Histórico, explicou que Sons de Fronteira continúa o camiño andando durante dous anos polo festival de jazz organizado por distintos establecementos do casco histórico, aos que agora se suma o Concello de Tui na organización. Salientou coma esta actividade busca revitalizar esta zona da cidade do mesmo xeito que o están a facer xa o Mercado da Verdura, o Mercado de Nadal ou a Festa do Pracer. Avanzou amais o edil coma o festival de cara a próximas edicións fará unha apertura cara outros estilos musicais. Salientou coma o cartel do evento, realizado pola deseñadora local María Rodríguez, plasma perfectamente o espírito do festival.
Santiago Pérez, propietario da Adega, agradeceu ao Concello de Tui a acollida deste evento que naceu da iniciativa privada. Ao tempo explicou que o venres ás 20h actuará Joao Mortagua Trío, e ás 23h Álvaro Vieito Cuarto, e o sábado ás 20h José Manuel Díaz Trío e ás 23h Alberto Vilas Quinteto presentando o seu novo traballo discográfico "Crónica Cromática".

Debido á celebración de Sons de Fronteira dende o venres ás 15h os vehículos non poderán acceder ao Conxunto Histórico dende a Porta da Pía, e estará prohibido o estacionamento tanto na Praza do Concello coma na de San Fernando.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones