Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SUSPENDIDA -O Camiño de Santiago e as súas oportunidades- a debate este venres na Guarda

Este venres día 13 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso

Este venres día 13 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso

Fecha: 13 de Marzo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

Este venres día 13 de marzo ás 20:00h a Casa dos Alonso acolle unha charla-coloquio enmarcada nas actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

Nesta charla-coloquio, titulada "O Camiño como produto cultural e turístico: oportunidades no desenvolvemento local", contarase coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e algúns emprendedores entorno ao Camiño Portugués: Albergue O Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino.

O obxectivo desta xornada é o de debater sobre o Camiño de Santiago e as oportunidades que ofrece na economía e no desenrolo local súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila. A tal fin a charla articúlase mediante as ponencias de Xosé M. Santos, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago e director do Centro de Estudos Turísticos (USC) entre 2005 e 2014, que ten traballado amplamente o impacto do turismo con especial preocupación polas cidades históricas, os itinerarios culturais e o desenvolvemento rural. A visión global que nos brindará Santos Solla sobre o Camiño de Santiago e o seu efecto e posibilidades no turismo, sumaranse a visión de diferentes emprendedores locais que souberon atopar oportunidades de negocio no feito da peregrinación xacobea.

 

A charla contará tamén con Fátima Rodríguez Marcos, consultora en Talentea RRHH e concelleira de participación cidadá na Guarda, que guiará as ponentes coa idea de presentalos e ofrecer unha visión de conxunto sobre as oportunidades e posibilidades que presenta o Camiño de Santiago de cara a desenvolvemento local.

Intervirá tamén Xosé Manuel López, xerente da empresa TuiTrans, empresa radicada en Tui e que opera nos diferentes Camiños de Santiago e ofrece ós peregrinos a posibilidade de transportar os seus equipaxes entre os diferentes puntos do camiño. Tuitrans é unha empresa tudense, creada no 2011 que ofrece transporte de equipaxes a peregrinos e camiñantes. Traballan tanto con profesionais, como con particulares que precisen o traslado de equipaxes ou persoas, dende Oporto ata Santiago, polo Camiño Central e polo Camino da Costa, cubrindo cada día 570km por todas as estapas do Camiño.

Olalla e Fernando Alvarez Troncoso irmáns e responsables do Albergue O Peirao, falarán sobre o seu proxecto empresarial, o primeiro albergue de peregrinos privado da Guarda e que naceu coa voación de negocio sostible, articulando e potenciando o significado da peregrinación tamén como forma turística sostible e integrada na paisaxe urbana/histórica guardesa.

É un albergue que se atopa nunha casa mariñeira do ano 1957 que foi rehabilitada, e da que se mantivo a fachada e o máximo posible da estrutura interior. A Asociación de Redeiras Atalaia colaborou na decoración do albergue para darlle a temática mariñeira e así por en valor a historia da propia casa. A sostibilidade é moi importante, por iso só utilizan produtos naturais e consumibles reciclados, acadando un albergue respectuoso co seu entorno, tanto a nivel medioambiental como histórico e patrimonial.

O Rincón Peregrino, foodtruck situado en Viladesuso (Oia)é unha empresa que oferta cafés e chocolate quente ós peregrinos, así como deliciosos muffins e bizcoitos. Esta idea de negocio ven a cubrir unha importante necesidade no camiño onde os pergrinos percorren kilómetros sen ter moitos espazos de lecer, descanso ou refrixerio.

A idea desta ponencia é valorar da man dun experto na materia e de tres iniciativas locais a importancia que ten o Camiño de Santiago de cara a buscar novas oportunidades de negocio, que de convertan en base de desenvolvemento da localidade.

 


Máis actividades
O 27 de marzo ás 20:30h no San Xerome continúan as actividades cunha nova xornada titulada "O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias", na que se contará coa proxección do documental Santiago´s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.

No mes de abril pecharase o ciclo de "Falemos no Camiño" coa xornada "Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa", que contará coa presenza de Grato E. Amor Moreno e Ermelindo Portela Silva, realizarase o 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

Visitas teatralizadas
As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020. As inscricións poden realizarse no formulario web: https://forms.gle/RY58NechAeqmeJfN9

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones