Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tabagón súmase ao compostaxe

O Concello entregou un composteiro a máis da metade da veciñanza da parroquia

O Concello entregou un composteiro a máis da metade da veciñanza da parroquia

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A veciñanza do Rosal está mostrando unha grande acollida polos composteiros individuais (COINs) que reparte o Concello. Antes da posta en marcha desta estratexia, Tabagón soamente tiña unha implantación dun 16 % , pero durante o mes de xullo máis da metade dos veciños (51,22 %) adquiriron un COIN. Por barrios, os que contan cunha maior porcentaxe de implantación son os de A Rúa da Cal e A Rúa de Abaixo, que pasaron de ter un 21,2 % e un 17 % a case un 58 % e  55 %, respectivamente.

A estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas da localidade forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos creado ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020. A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, destaca que no Concello están “moi contentos coa acollida da xente, que xa se traduce nun aumento moi significativo do número de casas que xa dispoñen do seu propio composteiro. O noso obxectivo é percorrer pouco a pouco todas as parroquias e conseguir a maior porcentaxe de implantación posible”.

Dende o Concello lembran á veciñanza que aínda poden solicitar o seu composteiro a través da web municipal. Soamente quedan 200 por repartir. Teñen un volume de 400 litros e van acompañados de aireador, caldeiro e base antirroedores. Son perfectos para colocar en vivendas que conten cun pequeno espazo. Ademais, o mestre composteiro ofrecerá a información e o asesoramento técnicos necesarios para poñelo en marcha, aínda que na páxina web tamén se poden resolver as dúbidas e consultar as titoriais de montaxe das unidades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí