Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Teatro, danza, poesía e música volven ás rúas de Oia na nova edición do 6x6

Postos de artesanía, un espectáculo familiar, a representación do obradoiro de teatro veciñal e música de rúa forman parte da programación festiva que se desenvolverá durante toda a xornada

Postos de artesanía, un espectáculo familiar, a representación do obradoiro de teatro veciñal e música de rúa forman parte da programación festiva que se desenvolverá durante toda a xornada

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Oia

A arte dramática, a danza, a poesía e a música volverán estar presentes este ano nas rúas do barrio histórico do Arrabal, que acollerá unha nova edición da iniciativa 6x6 Punto de Encontro o sábado 25 de xuño. Postos de artesanía, un espectáculo familiar, a representación do obradoiro de teatro veciñal e música de rúa forman parte da programación festiva que se desenvolverá durante toda a xornada.

Despois da edición especial do 6x6 do ano pasado, cun formato adaptado ás restricións impostas pola COVID-19, o espectáculo volve este 2022 ás rúas e prazas do barrio histórico do Arrabal baixo a dirección de Alfredo Rodríguez (A Artística). O tema deste ano é “Oia, entre o monte e o mar, ten nome de muller”, un convite á reflexión sobre o papel da muller no rural galego.

O sábado 25 de xuño a actividade do 6x6 no Arrabal comezará xa de mañá e estenderase ao longo de todo o día. Así, a partir das 12.00 horas haberá postos de artesanía de produtores locais (Medialúa –coiro-, Ana Méndez –cerámica-, Carliños Cesteiro, Areladefe –xoias-, Víctor Lorenzo -escultura en madeira- e Luís Álvarez -escultura en pedra-).

En canto á tarde, ás 17.30 horas na Praza Centinela desenvolverase o espectáculo para todos os públicos “Circanelo”, a cargo de N+1. A continuación, a partir das 19.00 horas terá lugar a representación do obradoiro de teatro por diferentes localizacións do Arrabal e Mosteiro de Oia. Como fin de festa, os grupos locais Tra-lo Mosteiro de Oia e A Fiada de Viladesuso amenizarán o ambiente das rúas coa súa música a partir das 21.00h.

O tráfico estará cortado nas rúas de acceso á Centinela mentres dure o espectáculo “Circanelo”. Posteriormente, volverá a haber cortes durante a representación do obradoiro de teatro.

Esta xornada festiva está organizada polo Concello de Oia e conta coa colaboración de Pontegal (Deputación de Pontevedra) e máis do Mosteiro de Oia, que cede espazos para a representación.

Artistas convidadas

Despois das edicións de 2018, 2019 e 2021, o obradoiro veciñal de teatro de Oia volve un ano máis cun espectáculo arredor das artes performativas (teatro, danza e movemento, música, etc.) que consistirá na representación de varias pezas en espazos emblemáticos como o porto, a Centinela, a Picota ou o Mosteiro de Oia, entre outros. Xunto co alumnado do taller, participarán como artistas convidadas Elsa Pereira (danza), Olga Cameselle (danza) , Silvia Penas (poesía) e Gloria Rodríguez (música).

As diferentes intervencións foron elaboradas durante o obradoiro de teatro veciñal dirixido por A Artística, no que participan arredor dunha quincena de veciñas e veciños, e contaron tamén coa colaboración das artistas convidadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí