Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño abre as portas á XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño con tres días dedicados ao viveirismo galego

A Praza Pintor Antonio Fernández de Goián acollerá do 22 ao 24 de maio unha ampla programación con expositores, conferencias, obradoiros e actividades para todos os públicos

A Praza Pintor Antonio Fernández de Goián acollerá do 22 ao 24 de maio unha ampla programación con expositores, conferencias, obradoiros e actividades para todos os públicos

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Mayo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Tomiño xa quenta motores para unha das citas máis importantes do calendario económico e social da comarca. A XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño converterá novamente Goián no gran escaparate do viveirismo galego do 22 ao 24 de maio, reunindo profesionais, empresas, persoas expertas e centos de visitantes arredor dun sector clave para a economía do territorio.

A Praza Pintor Antonio Fernández será o epicentro desta nova edición organizada polo Concello de Tomiño e pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), unha feira que se consolidou ao longo das dúas últimas décadas como unha referencia autonómica no ámbito verde e do viveirismo.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que esta feira “é unha mostra do potencial dun sector que forma parte da alma económica e social do noso concello”. A rexedora puxo ademais en valor a evolución dun evento que “soubo medrar e adaptarse para achegar o viveirismo á veciñanza e facer partícipe á cidadanía dunha actividade esencial para Tomiño e para toda a comarca”.

González incidiu tamén na importancia dunha cita que representa “unha maneira de entender o desenvolvemento local desde a sostibilidade, a innovación e a colaboración”, converténdose nun espazo aberto no que conviven actividade profesional, divulgación e ocio familiar.

Pola súa banda, a presidenta de acuBam, Nuria Castro, sinalou que a Feira de Cultivos “é moito máis ca unha exposición profesional”, xa que permite compartir coñecementos, tendencias e experiencias ao tempo que se visibiliza o traballo que desenvolve o sector do viveirismo no Baixo Miño.

A programación desta XXI edición volverá combinar actividade profesional e propostas pensadas para todos os públicos, cun amplo programa de conferencias, obradoiros prácticos, expositores especializados, música e actividades divulgativas ao aire libre.

Entre os grandes atractivos deste ano destaca a presenza do coñecido paisaxista e divulgador Íñigo Segurola, que actuará como padriño da feira e ofrecerá unha das charlas centrais do evento. Tamén participará a influencer Nuska Chousa, reforzando a aposta da organización por conectar coas novas xeracións e achegar o mundo verde e o viveirismo a novos públicos a través de formatos actuais e próximos.

Durante tres días, Goián converterase así nun punto de encontro arredor da innovación, da sustentabilidade e do enorme potencial dun sector que continúa sendo un dos motores económicos e identitarios do Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí