Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño achégase a novas experiencias na recollida de residuos en Portugal

Unha delegación municipal encabezada pola alcaldesa visitaron Maia e as instalacións de Lipor, unha agrupación que xestiona, valoriza e trata os residuos urbanos producidos polos 8 concellos que a integran

Unha delegación municipal encabezada pola alcaldesa visitaron Maia e as instalacións de Lipor, unha agrupación que xestiona, valoriza e trata os residuos urbanos producidos polos 8 concellos que a integran

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Abril de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño continúa a dar pasos no seu compromiso co medio ambiente e a sostibilidade, tamén na xestión de residuos urbanos. Unha delegación municipal composta pola alcaldesa, Sandra González; concelleiros e concelleiras e equipo técnico visitaron varias instalacións da área metropolitana do Porto para coñecer in situ os sistemas de recollida de residuos que se están a empregar e o seu posterior tratamento.

A rexedora reafirmou o compromiso do Concello “por facer de Tomiño un municipio aínda máis verde, unha implicación que se reflicte nesta viaxe formativa na que participou todo o Goberno municipal para coñecer de primeira man novas experiencias e explorar alternativas innovadoras na xestión dos residuos, impulsando a sostibilidade e a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

A primeira parada da delegación tomiñesa foron as instalacións de Lipor, unha asociación de concellos fundada en 1982 que xestiona, valoriza e trata as máis de 500.000 toneladas de residuos urbanos producidas polo millón de habitantes dos oito municipios que forman parte da entidade: Espinho, Gondomar, Maia, Matosinhos, Porto, Póvoa de Varzim, Valongo e Vila do Conde.

Durante a visita á planta de tratamento do lixo, a delegación coñeceu de primeira man todas as iniciativas postas en marcha por Lipor nos últimos anos, como a implantación de sistemas para a recollida porta a porta, para a recollida selectiva ou incluso para o tratamento de biorresiduos. Alcaldesa, edís e equipo técnico puideron ver tamén en funcionamento o sistema informático de recollida implantado nestes oito concellos e que permite ter información actualizada do peso de residuos recollidos, da súa tipoloxía ou das diferentes rutas realizadas polos camións.

O percorrido completouse cunha visita a Maia, o concello con maior grado de implantación do sistema porta a porta (90% da súa poboación), no que a delegación puido coñecer in situ o funcionamento deste tipo de recollida. Ademais de asistir ao funcionamento cotiá deste sistema, puideron falar cos operarios e operarias municipais para debullar todos os detalles da súa implantación, seguimento, posibles incidencias que se atopan durante a recollida e mesmo a forma de solucionalas. A visita rematou cun percorrido pola central para ver o funcionamento do sistema informático que usan para o reporte de información, que recompila datos tan variados como as rutas de recollida dos camións ou o tipo de lixo que tira cada veciño e veciña na recollida porta a porta.

Para a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, esta visita “foi moi enriquecedora, xa que nos permitiu consolidar a nosa visión da xestión de residuos, con sistemas integrados que nos permita minimizar o lixo depositado nos vertedoiros e xestionar os residuos dun xeito sostible ambiental, económica e socialmente”. A edil remarca o “compromiso que ten este Concello cos ODS e a Economía Circular vai máis aló de plasmalo nun papel e, agora que estamos redactando uns novos pregos para a xestión dos residuos, é o momento de decidirse por un sistema que nos permita conseguir obxectivos. Eses obxectivos veñen marcados dende Europa para os estados membros, que os trasladarán as Comunidades Autónomas e estas a súa vez aos Concellos polo que debemos estar preparados e ter datos de calidade”.

O Concello leva anos traballando en mellorar a xestións de residuos municipais. Neste camiño, Tomiño xa participara hai dous anos na viaxe realizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra a Navarra, País Vasco e Cataluña para coñecer e estudar no terreo sistemas de recollida de residuos tipo porta a porta ou de pago por xeración e visitar diferentes instalacións de compostaxe mixto de biorresiduos agrogandeiros e municipais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí