Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño acolleu unha nova manifestación multitudinaria en defensa da atención primaria

Este mércores día 26 de xaneiro, a Praza do Seixo de Tomiño acolleu unha nova manifestación na que veciños do Baixo Miño e comarcas limítrofes voltaron a saír a rúa para denunciar a grave situación da sanidade da comarca e esixir solucións.

Este mércores día 26 de xaneiro, a Praza do Seixo de Tomiño acolleu unha nova manifestación na que veciños do Baixo Miño e comarcas limítrofes voltaron a saír a rúa para denunciar a grave situación da sanidade da comarca e esixir solucións.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Enero de 2022

Fuente: J.Alonso

Este mércores día 26 de xaneiro, a Praza do Seixo de Tomiño acolleu unha nova manifestación na que veciños do Baixo Miño e comarcas limítrofes voltaron a saír a rúa para denunciar a grave situación da sanidade da comarca e esixir solucións.

Foi a segunda dunha rolda de concentracións que organiza a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para denunciar o deterioro que está a sufrir a atención primaria nos centros de saúde da comarca, que dende hai tempo padecían unha importante carencia de persoal sanitario que case limitaba a atención ás urxencias, relegando as consultas ordinarias, con esperas moi prolongadas. Unha situación que se viu agravada aínda máis tras a decisión do Sergas de, en lugar de poñer solucións, decretar que só se atendan consultas urxentes e relacionadas coa COVID-19 nas instalacións da Guarda, O Rosal e Tomiño durante estes días.

Ante esta realidade, as alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade convocaron para os meses de xaneiro e febreiro catro concentracións conxuntas coas que “denunciar a situación de precariedade e o continuo desmantelamento da sanidade pública nos nosos municipios e trasladar ao Sergas e á Xunta a necesidade de adoptar medidas de forma urxente”. Ademais inciden en que esta situación xa vén de lonxe, xa que os recortes da Xunta  e a falta de persoal xa existían dende antes da pandemia.  “A resposta non é restrinxir servizos, senón buscar solucións a curto e medio prazo”.

A seguinte cita será o 9 de febreiro en Tui (ás 19.00 horas na Praza da Inmaculada) e o 23 de febreiro na Guarda (ás 19 h na Praza Avelino Vicente). Con estas concentracións búscase poñer de relevo “unha situación transversal que afecta a toda a veciñanza, que compromete e pon en risco a nosa saúde actual e futura, e que con unidade temos máis forza para reinvindicar”.

A Mancomunidade reclama dende hai tempo unha mellora da atención sanitaria que poña fin á degradación progresiva dos centros de saúde, con falta de medios persoais, instalacións deficientes e en progresivo deterioro dende hai anos. Unha situación de precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. As rexedoras e rexedores da Mancomunidade dan o seu apoio aos profesionais da saúde e continuarán loitando para garantir que estes poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas, asegurando ao mesmo tempo a calidade de atención á veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí