Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño amplía o seu persoal con 24 novas contratacións realizadas dentro do Plan Concellos

Entre as persoas empregadas cóntanse peóns de xardinaría, albaneis, técnicos/as administrativos/as, electricistas, etc.

Entre as persoas empregadas cóntanse peóns de xardinaría, albaneis, técnicos/as administrativos/as, electricistas, etc.

Fecha: 04 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de contratar con cargo á subvención de 275.442,83 euros, procedentes da Deputación de Pontevedra (Plan Concellos), a 24 persoas desempregadas, que comezaron a desempeñar as súas funcións de forma gradual (as primeiras incorporáronse o día 1 de marzo e as derradeiras o 29 de xuño, tras o paréntese do Covid-19).

Esta importante medida de fomento do emprego (Liña 3 Emprego Plan Concellos 2020), permitiu ao goberno local (que achegou pola súa banda 6.643,12€ de fondos municipais) ampliar o seu cadro de persoal con 12 peóns de xardinaría, 2 instaladores/as electricistas, 2 técnicos/as administrativos/as, 2 albaneis, 1 mecánico/a de mantemento e reparación de automoción, 1 carpinteiro/a, 1 soldador/a de estruturas metálicas lixeiras, 1 condutor de retroescavadora, 1 psicólogo/a e 1 biólogo/a.

Deste xeito, o persoal do Concello vese ampliado durante varios meses por 24 persoas que colaboran en diferentes áreas de labor municipal, aumentando a eficacia dos servizos aos que están adscritas. " Temos que agradecer á Deputación de Pontevedra por esta importante axuda de case 300.000 euros, que nos permite contratar un bo número de persoas que levan tempo desempregadas, sobre todo, nesta situación de incerteza que estamos a vivir na actualidade tras a pandemia sufrida", explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones