Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño amplía o seu persoal con oito novas contratacións, realizadas a través de distintos plans de fomento do emprego

Entre as persoas empregadas cóntanse varios peóns de limpeza, dous socorristas e unha enxeñeira forestal

Entre as persoas empregadas cóntanse varios peóns de limpeza, dous socorristas e unha enxeñeira forestal

Fecha: 07 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de contratar con cargo a distintas subvencións de fomento do emprego, a oito novos traballadores /as, que comezarán a desempeñar as súas funcións de forma gradual.

Deste xeito, o persoal do Concello vese ampliado durante varios meses por cinco persoas desempregadas e perceptoras da RISGA (Renta de inclusión social de Galicia) que traballarán en limpeza, xardinaría e outras áreas do Concello, até o mes de marzo do 2021. Ditas contratacións leváronse a cabo con cargo a unha subvención de 67.075,65 € procedentes da Xunta de Galicia e 1.631,14 € de achega municipal.

Asemade, a través dunha axuda para o fomento do emprego no ámbito de colaboración coas entidades locais, dotada con 6000€ da Xunta e 3710,54€ do propio Concello, contratouse durante tres meses a dúas persoas que se desempeñan coma socorristas na praia de Goián, dende o pasado día 23 de xuño e até mediados do mes de setembro.

Por último, por medio do Programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural 2020), o Concello procedeu a contratar unha enxeñeira técnica forestal, que comezará a prestar os seus servizos no mes de agosto próximo. Farao a xornada completa durante nove meses, o que significará un investimento de 16.177,14€ de procedencia autonómica e 391,32€ de procedencia local.

A estes oito traballadores hai que sumar outros 24 do Plan Concellos 2020, que foron incorporándose dende o día 23 de xuño pasado, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra (275.442,83€) e á unha achega municipal de 6.643, 12 €.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones