Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño aposta por un verán de música e arte

A axenda cultural reúne máis de 30 espectáculos musicais repartidos entre a Praza do Seixo, a Praza do Pintor Antonio Fernández de Goián, a da Mina e as igrexas románicas de diferentes parroquias

A axenda cultural reúne máis de 30 espectáculos musicais repartidos entre a Praza do Seixo, a Praza do Pintor Antonio Fernández de Goián, a da Mina e as igrexas románicas de diferentes parroquias

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño organiza unha axenda cultural de verán na que se inclúen máis de 30 espectáculos repartidos en varios ciclos diferentes.

Este sábado 16 de xullo será o turno de Amorodo, rapeiro e poeta, que actuará na Praza de Goián (Praza do Pintor Antonio Fernández) a partir das 22:30h. Os seus versos en forma de rap e hip-hop, ca lingua galega coma un dos seus símbolos distintivos farán disfrutar a todos os públicos nunha actuación totalmente gratuita. 

O concerto inclúese dentro do ciclo “O Son das Prazas”, que seguirá da man de grupos ou intérpretes como Babieca (23 de xullo, praza do Seixo); Pauliña (30 de xullo. Praza de Goián); Fixe Trío (6 de agosto. Praza do Seixo); Fanfarra Káustika (13 de agosto. Praza de Goián); Lembrando a Nino Bravo, con voz de Serafín Zubiri (19 de agosto. Praza de Goián); Oîma (20 de agosto. Praza do Seixo) e Cavalheiro (27 de agosto. Praza de Goián).

Por outra banda e por 1ª vez, a Concellería de Cultura, organiza o ciclo “Música e Románico” co fin de por en valor o patrimonio histórico-artístico que representan as 4 igrexas románicas situadas en diferentes parroquias. Catro concertos de música antiga, lírica galego-portuguesa e cantigas medievais porán o complemento musical a cortas charlas explicativas, a cargo de expertos en Historia da Arte. Xa foron celebrados dous deles e as vindeiras citas terán lugar os días 22 e 29 de xullo, con Parbö (Igrexa Santa Mª de Tomiño), e Treides Comigo! (Igrexa de Santa Mª de Tebra), respectivamente.

“Un Verán de Bandas” é outro dos ciclos preparados polo Concello. Despois de dous anos de pandemia, o público poderá volver a desfrutar de encontros e concertos de bandas ao longo de xullo e agosto. O ciclo continuará os días 24 e 29 de xullo e 7 e 21 de agosto, coas bandas de Santa Mª de Bouro, Goián, Rianxo e Valga, respectivamente. O XXV Encontro de Bandas de Música en Goián, será no Espazo Fortaleza, ás 21 horas. 

Ademais, haberá cine na rúa, teatro, monicreques, circo e maxia; obradoiros lúdicos-culturais e festivais de baile tradicional galego, entre outros eventos.

A esta oferta hai que sumar as actuacións previstas en setembro dentro do programa cultural das Festas do Alivio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí