Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño arranxa sendas e áreas recreativas de diferentes espazos naturais

A Concellería de Deportes instalou na Praia de Goián unha rampla para persoas con mobilidade reducida

A Concellería de Deportes instalou na Praia de Goián unha rampla para persoas con mobilidade reducida

Fecha: 10 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño, a través do Departamento de Obras, continua a súa labor de arranxar sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, poida pasear e facer exercizo nas mellores condicións posible.

Na senda do río Miño entre a Ponte Internacional de Goián e o límite co concello de O Rosal, é unha das máis utilizadas para camiñar ou montar en bicicleta, foi necesario limpar as marxes e arranxar varias pasadeiras de madeira e guías laterais, así coma limpar e restituír o xabre, co que a senda quedou moito máis transitable.

Asemade, arranxáronse e limpáronse de maleza e acondicionáronse as contorna da Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Lago da Pedra e río Furnia, coma así tamén diferentes sendeiros das parroquias de Sobrada, Currás e Amorín.
Do mesmo xeito, leváronse a cabo labores de mantemento e substitución de pezas deterioradas no pantalán de Goián.

Nas últimas semanas, reparáronse paneis informativos, na senda que vai até Forcadela, na zona de Maceiras e acondicionáronse sendeiros próximos ao Miño, en Carregal, Currás (Parque da Raña e ponte de madeira en mal estado) e Sobrada.

O concelleiro de Obras, Alexandre Pérez Souto, explica que tras a corentena, a veciñanza comezou a utilizar moito as sendas e camiños de espazos naturais da localidade, para pasear e facer exercizo.

Por outra banda, a Concellería de Deportes instalou na Praia de Goián, con persoal municipal, unha rampla para persoas con mobilidade reducida. Unha tarima fixa de madeira, de 4.30 metros de lonxitude, e outra parte móbil, feita de lona, compoñen a nova rampla que poden utilizar todas as persoas con mobilidade reducida que o desexen

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones