Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño avanza na recuperación da zona do Seixo coma espazo de lecer e encontro

A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000

A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000

Fecha: 20 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Tras un paréntesis obrigado pola crise do coronavirus, o Concello de Tomiño retomou hai unhas semanas as obras do proxecto "Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo", cun investimento total de 670.000 euros.

As obras levadas a cabo, concretamente nas rúas A Guarda e República Arxentina, avanzan a bo ritmo, seguindo co proceso de transformación e recuperación do núcleo urbano coma espazo público de lecer e encontro, impulsado desde o goberno local, e que comezara hai uns anos coa reforma integral da Praza do Seixo.

A intervención, que estará rematada no verán, pretende aproveitar a mudanza na mobilidade de vehículos que supón a nova Avenida do Baixo Miño, que rodea o núcleo urbano, aberta hai uns meses, e que propicia a eliminación de tráfico de paso, nun 90% dos vehículos que antes pasaban polo centro da vila.

De feito, o proxecto contempla a peonalización e ampliación da Praza do Seixo, ata os tramos das devanditas rúas, e ata o entronque coa nova avenida, reformando todos os servizos urbanos e mellorando o espazo público cun deseño semellante ao da Praza do Seixo.

No caso da rúa A Guarda, esta pasará a ter un deseño máis estancial e comercial, creando espazos de encontro e áreas con bancos, vexetación e iluminación con catenarias. A rúa República Arxentina, pola súa banda, configurarase como unha alameda de entrada á Praza do Seixo, desde a rotonda de entronque da nova avenida, que pasará a ser o principal punto de referencia e entrada de Tomiño.

Ademais, ampliarase o número de prazas de estacionamento, pasando o núcleo urbano a ter tres aparcadoiros públicos cun total de 800 prazas, co que se duplicarán as existentes ata o momento. Para a realización desta obra, o goberno obtivo unha subvención de 500.000 euros, ao abeiro da convocatoria pública do Plan DepoRemse, da Deputación de Pontevedra, achegando o resto o propio Concello.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, entende que esta obra significará un paso moi importante de mellora do espazo público, que irá en beneficio da veciñanza e do comercio local, como xa supuxo a mellora da Praza do Seixo e do Mercado Municipal, no seu momento. "O goberno municipal quere que a nosa vila sexa exemplo de recuperación de espazos públicos para as persoas, creando máis 100.000 m2 de espazos peonis e zonas verdes", explica a rexedora.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones