Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño busca solucións naturais para reducir a calor do verán nas aulas das escolas infantís

No centro de Goián planta 16 árbores para crear unha zona de sombra e no Seixo instala unha pérgola de madeira para abrigarse en épocas de chuvia

No centro de Goián planta 16 árbores para crear unha zona de sombra e no Seixo instala unha pérgola de madeira para abrigarse en épocas de chuvia

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño busca solucións naturais para problemas derivados das condicións meteorolóxicas e os seus efectos nos edificios da vila. É o caso das dúas escolas infantís Galiña Azul coas que conta o municipio; unha no Seixo (Tomiño centro) e outra en Goián (segunda parroquia máis habitada do concello), e que suman un centenar de prazas de 0 a 3 anos.

 

Nesta última, coa axuda dunha paisaxista, o Concello propuxo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar facer unha plantación dunha vintena de árbores, tales coma cedros, fotinias e arces; especies que cando crezan reducirán notablemente o paso da calor ao edificio durante os meses de verán. A colocación das árbores e duns toldos o Concello investiu 12.942,33 euros. “En Goián había un problema de excesivo calor nas aulas e procurouse unha solución ecolóxica que é unha plantación de árbores”, amais de colocar uns toldos nas ventás”, explica a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez.

 

Por outra banda, na escola infantil do Seixo instalouse unha pérgola de madeira feita a medida e con teito de metacrilato para crear unha zona de abrigo onde nais e pais poidan agardar aos/ás escolares en épocas de chuvia. Neste caso o investimento, que ascendeu a 5.971,51 euros, viu  dar solución a un requirimento das familias que a partir da pandemia do Covid-19, víronse obrigadas a manter unha distancia maior da entrada do edificio.

 

Na elección do arbolado, segundo apunta a paisaxista Sinda Davila, de Verdeon Jardinería, para a escola de Goián tivéronse en conta varias vertententes: a ornamentación do conxunto, o acompañamento ao edificio e dar resposta ás necesidades de sombra demandadas dende a dirección do centro. As árboes elexidas pola súas caracteríticas foron: Cedrus atlantica, Glauca péndula, Acer platanoides “Globosum”, Photinia x fraseri “Red Robin”e Albizia julibrissin.

 

"Os cedros acompañan a entrada do edificio antigo nomeado como a casa do médico, pola sua porte, o seu peso e caracter, son árbores maxestuosos, de folla perenne e color azulado, piñas cara arriba, acompañan ademáis en cor ao logotipo da Galiña Azul", comenta.

 

No interior plantados no xardín hai unha combinación de arce e albizia, plantados na zona de máis sol para proporcionar sombra de dúas formas; unha tamizada polas follas da albizia e outra máis densa dos arces.

 

As photinias marcarán cor vermello na primavera, violáceo no verán e verde no outono. "Estas especies foron elexidas polo seu crecemento controlado, xa que admiten ben as podas e pola interese paisaxística. Ademais, foron plantadas cunha barreira de proteción anti-raíces para evitar destrozos nos saneamento", explica a profesional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí