Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño celebra as súas Festas do Alivio con concertos e actividades para todos os públicos

Un espectáculo tetral baseado na ventriloquía abrirá o programa o vindeiro luns

Un espectáculo tetral baseado na ventriloquía abrirá o programa o vindeiro luns

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño celebra a semana que vén e até o luns 13 de setembro, as súas festas patronais da Virxe do Alivio.

Como cada ano, o Concello prepara unha programación cultural propia pensada para todos os públicos, con diferentes concertos e tamén actividades teatrais e lúdicas dirixidas ao público infantil.

 

"Conversas con Tana", un espectáculo teatral baseado na ventriloquía, con esencia educativa, espírito festivo, moi divertido e altamente participativo, abrirá o programa o vindeiro luns, 6 de setembro. Será na Praza do Seixo, a carón do Concello, ás 19 horas e dirixido a un público de entre 5 e 12 anos.

 

Lara Villaverde en concerto será a seguinte na programación. Unha moza tomiñesa de 19 anos. que canta e toca a guitarra eléctrica, ofrecerá un concerto ameno e divertido coa colaboración doutros artistas locais: Logan (vocalista de Heissel) e Rebeca Vázquez (tenda La reina caracola).

Día 7 de setembro, ás 19 horas na Praza do Seixo.

 

Operación Plancton, unha obra con afán divulgativo e mensaxe ecoloxista, dirixida á educación e concienciación infantil sobre a problemática da contaminación de plásticos no océano, é a oferta para o día 8. Dirixida a público infantil e familiar, ás 19.00h na Praza do Seixo.

 

"Contos da lúa", de Trécola producións, un espectáculo de marionetas que fomenta, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mútuo, chegará o día 9. Tamén na Praza do Seixo, ás 19.00h

 

"Concerto Eder tributo a Sabina", co dúo acústico formado por Eder González e Manu Abalo no que rinden homenaxe a Joaquín Sabina, con temas en directo, será a aposta do día 10. Na mesma praza que actuacións anteriores e ás 22.00 horas

 

Aínda que as entradas son todas de balde, é preciso reservar praza por cuestións de aforo, chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí