Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA AS FESTAS DO ALIVIO DE TOMIÑO 2013

Os días grandes da celebración son domingo e luns, nos que haberá actos relixiosos, cívicos e festivos

Fecha: 16 de Septiembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

Tomiño celebra esta fin de semana as Festas do Alivio 2013. Entre os días 13 e 16 de setembro, terán lugar os actos organizados pola Comisión de Festas, e outros, de caracter cívico e cultural, promovidos polo Concello.

O programa da Comisión de Festas iniciouse o día 13, cunha salva de bombas de palenque e percorrido polas rúas da vila a cargo de grupos de bombos e gaitas.
Pola noite, actuaron a Orquestra Gran Parada e a cantante Gisela, concursante da primeira edición do programa Operación Triunfo.

O sábado, 14 de setembro, actuarán ao mediodía na Praza do Seixo, a Unión Musical de Valladares e "Trofa", de Portugal. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquestra Miramar e haberá unha actuación especial do grupo "La década prodigiosa".

O domingo 15 será a Banda Municipal de Tui a que ofrecerá un primeiro concerto, na Praza do Seixo, coma parte do Acto Cívico de homenaxe que organiza o Concello a Julia Iglesias Otero, tomiñesa distinguida 2013. A banda acompañará logo ás autoridades ata a ermida, para celebrar os actos relixiosos.
Pola tarde, ás 17.45, haberá unha Exhibición Canina, e as 18.30 un novo concerto da banda de Tui, e ás 20.00, tradicional poxa de roscas e produtos de campo. A verbena correrá a cargo da Orquestra Samba e o cantante de "Recantos" (Luar-TVG), José Pérez, do Rosal.

O luns 16 será o último día dos festexos patronais. A Agrupación Musical de Goián efectuará a súa entrada na Praza do Seixo ás 10 da mañá, e o Quinteto de Acordeóns da Asociación Musical Mascarenhas, da Guarda, actuará ás 18.00 hs.
Ás 19.30, Gran Caravana Automobilística e ás 20.00, Tradicional Poxa de roscas e produtos do campo.
A continuación, a verbena amenizada pola Orquestra París de Noia, e como broche de oro, actuará a cantante galega Lucía Pérez.

O Concello de Tomiño, organizou, pola súa banda, varios actos e a tradicional exposición de pintura de artistas noveis, na Casa da Cultura, que permanecerá aberta ata o luns 16.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones