Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño celebra o 100 aniversario doutra das súas veciñas

Preciosa Franco Barreiro, veciña de Barrantes, cumpriu 100 anos cunha longa e apaixonante traxectoria de vida. O concello de Tomiño ten máis dunha decena de persoas centenarias

Preciosa Franco Barreiro, veciña de Barrantes, cumpriu 100 anos cunha longa e apaixonante traxectoria de vida. O concello de Tomiño ten máis dunha decena de persoas centenarias

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A familia e amizades de Preciosa Franco Barreiro, veciña de toda a vida de Pazo (parroquia de Barrantes), acompañaron á flamante centenaria o pasado sábado nunha emocionada cerimonia de cumpre anos. Rodeada dos seus fillos, Jose e Merche; netos (Gonzalo, Jose, Rubén e Ana María; e bisnetos (Noelia, Iker, Xavi e Emma) e demais familia política, primos, etc., Preciosa soprou as velas coa axuda dos máis pequenos da casa.

Nin a alcaldesa, nin os concelleiros Cristina Martínez (Benestar) e Manuel Álvarez “Peque” (Atención ás Parroquias), quixeron perderse a oportunidade de acompañar a esta veciña e a súa familia nunha data tan sinalada.

Preciosa, coma a gran maioría das mulleres do seu tempo, traballou duro ao longo da súa vida, coidando do campo os animais, a casa, segando a herba a man...criando aos fillos e axudando ao seu marido Luciano, que emigrou durante varios anos a Arxentina. “Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí”, sentencia Preciosa, consciente do día tan especial que están a celebrar.

Nos ratos libres, bordaba sabas e manteis con auténtica mestría. Hoxe, os achaques da idade, non lle permiten moverse moito aínda que a súa cabeza lle responde bastante ben. Comenta a súa filla, Merche, que o pasatempo preferido da súa nai na actualidade, consiste, principalmente, en xogar e desfrutar da compañía dos seus bisnetos, especialmente de Emma, que vive na mesma casa e gusta moito de estar con ela.

Hai algunhas semanas festexaba o seu 103 aniversario Evangelina Vila Albores; outra das centenarias que viven en Tomiño (arredor dunha decena), se ben o concello ten unha poboación infantil e nova moi considerable.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí