Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño comeza a reparación da ponte tardomedieval de Taborda

En fases seguintes levarase a cabo a retirada dos tocos encaixados nas bases do arco, e logo procederase ao cimbrado da ponte e á súa reparación

En fases seguintes levarase a cabo a retirada dos tocos encaixados nas bases do arco, e logo procederase ao cimbrado da ponte e á súa reparación

Fecha: 03 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de realizar a primeira fase dunha serie de obras programadas para a reparación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, máis coñecida coma "Ponte do hospital". Trátase dunha ponte do S.XVI (finais da Idade Media) en cantería irregular, dun so vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo, que daba paso a un antigo hospital existente na zona.

Tras unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo, observouse un deterioro importante debido, probablemente, aos fortes temporais sucedidos no inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado pero, sobre todo, á existencia de tres árbores de porte medio-grande, que tiñan as súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos, fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á estrutura. A maiores, os altos niveles de humidade dos troncos e raíces, ao empaparse, aumentaban o seu volume, favorecendo o desprazamento da cantería.
Inmediatamente, deuse parte á policía local da situación, a cal procedeu ao valado da ponte, impedindo o paso de peóns e de vehículos agrícolas, habituais na zona.

Seguidamente, procedeuse á execución da primeira fase do arranxo e recuperación da estrutura tardomedieval, consistente na corta das tres árbores que medraban dende a base da ponte. A intervención realizouse de xeito controlado e por seccións, para evitar danos á construción, coidando de non afectar ademais a unha liña aérea de subministro de enerxía eléctrica que discorre sobre a ponte.

En fases seguintes levarase a cabo a retirada, por medios manuais, dos tocos encaixados nas bases do arco, e posteriormente procederase ao cimbrado da ponte e á súa reparación, despois de remitir o corresponde proxecto ao Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou a importancia de reparar e conservar os elementos históricos e monumentais do municipio, na medida das posibilidades da administración local, e lamentou que a Consellería de Cultura non teña unha partida para a recuperación de bens de especial protección, coma esta ponte, que precisan de traballos específicos por parte de profesionais especializados.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones