Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño conmemora o Día do Libro convidando á cidadanía a realizar actividades relacionadas coa lectura

Haberá tamén poesía, contos, entrevistas e charlas online

Haberá tamén poesía, contos, entrevistas e charlas online

Fecha: 23 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Con motivo do Día do Libro, o Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades a través de INTERNET.

A programación elaborada para a conmemoriación desta importante data, mañá 23 de abril, é a seguinte:

1.-#euquedonacasaLENDO Únete á nosa campaña compartindo fotos e vídeos co libro que estás a ler ou sobre a última lectura realizada. ETIQUÉTANOS! Ou deixa un comentario

2.-#candoEUeracomaTI Recomendación de pais e nais, avós, avoas, persoas xubiladas sobre lecturas que marcaron a infancia a través de fotos. Podes etiquetarnos ou deixalas en comentarios.

3.-#LibrosLibres. Compartide citas de escritores ou escritoras que che gusten especialmente

4.-#ContoParaDíaDoLibro #PoesíaNoDíaDoLibro Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro e profesora da nosa Escola de Teatro Municipal vai contarnos un conto no día do libro e Beatriz Campos, actriz, damesma compañía e docente do grupo de adultos, fará un recital de poesía tamén o 23 de abril.

5.-#ClubLectura O día do libro. Compartiremos a entrevista que lles realizamos aos clubs de lectura que hai en Tomiño.
Tamén contaremos coa participación da escritora e docente do IES Antón Alonso Ríos, Puri Ameixide, que falará dun dos seus libros, en https://gl.wikipedia.org/wiki/Puri_Ameixide

Con motivo do Día do Libro, dende as concellerías de Educación e Cultura, convidan a desenvolver hábitos de lectura no fogar, xa que son moitos os beneficios desta boa práctica.

"Sobretodo é importante inculcar e fomentar estes hábitos na infancia e a adolescencia, pois os libros son un pilar fundamental no desenvolvemento emocional (autocoñecemento), cognitivo (memoria, imaxinación, linguaxe) e no rendemento escolar. Durante estes días de confinamento podemos embarcarnos na lectura para enriquecernos cultural e afectivamente, ademais de pasar un tempo de descanso placenteiro", aconsella a concelleira.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí