Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño conmemora o Día do Neno e da Nena

Pequenos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño expresan as súas necesidades, preocupacións e intereses nun vídeo realizado en colaboración coa fundación Crecer Xogando

Pequenos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño expresan as súas necesidades, preocupacións e intereses nun vídeo realizado en colaboración coa fundación Crecer Xogando

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño conmemora o Día do Neno e Nena, que se celebra hoxe, con distintas actividades.

Ao contacontos que ofertou a Concellería de Cultura o pasado sábado da man da compañía XAROPE TULÚ co seu espectáculo “Estrafalaria”, unha peza que fala do feito de ser diferentes como unha experiencia enriquecedora, súmase unha lona alusiva na fachada da Casa do Concello e a publicación dun vídeo nas redes sociais e páxina web do Concello; un bonito traballo audiovisual no que participan nenos e nenas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

Este último é unha iniciativa da Fundación Crecer Xogando para celebrar a actitude responsable e resiliente dos nenos e nenas durante o confinamento, enfrontándose de xeito exemplar á incerteza e transformación das súas rutinas (escola, amizades, actividades deportivas, culturais e de lecer…). O seu comportamento exemplar foi determinante para a contención da pandemia.

Este día é para concederlle todo o protagonismo á infancia; un día para fomentar o xogo e a lectura, a arte e o deporte. Un día no que decidan as e os peques o que queren facer. Un día no que poñamos o foco na súa felicidade, todo asociado a valores como a tolerancia, a igualdade e a integración”, lembran dende a Concellería de Cultura que dirixe Ani Fernández Carrera.

O Concello de Tomiño, con selo CAI de UNICEF e co Consello da Infancia e Adolescencia, adhírese á celebración desta data, xa que “non só pensamos nos nenos e nenas neste día, senón durante todo o ano, ofrecéndolles actividades deportivas, culturais e de lecer de calidade”, apuntan.

O concello de Tomiño é unha das máis de 1.500 entidades, que se suman á celebración do 26 de abril DÍA DO NENO E DA NENA (https://xn--diadelnio-s6a.es/organizaciones-involucradas/).

 

Enlace vídeo: https://www.facebook.com/concellodetomino/videos/402604844743470

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí