Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño contará cun novo modelo de recollida de lixo grazas ao apoio total da Deputación de Pontevedra

A Deputación financiará ao 100% a implantación dun novo sistema de xestión de residuos en Tomiño, combinando fondos do Plan Extra e +Provincia para modernizar o servizo e fomentar a compostaxe e a reciclaxe.

A Deputación financiará ao 100% a implantación dun novo sistema de xestión de residuos en Tomiño, combinando fondos do Plan Extra e +Provincia para modernizar o servizo e fomentar a compostaxe e a reciclaxe.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinaron este luns un convenio de colaboración para implantar un novo modelo de recollida de residuos no municipio. A iniciativa será financiada na súa totalidade pola Deputación, cun investimento próximo aos 1,2 millóns de euros, dos que 900.000 euros proceden do Plan Extra e 300.000 euros do Plan +Provincia.

O acto tivo lugar no Pazo Provincial e representa unha aposta conxunta por mellorar a eficiencia, sustentabilidade e adaptabilidade do servizo de residuos á realidade urbana e rural de Tomiño. Segundo destacou Luis López, este investimento “permitirá impulsar un servizo máis sustentable e adaptado ás necesidades da veciñanza”.

O proxecto contempla accións clave como:

  • A ampliación da compostaxe descentralizada, con novos centros comunitarios e composteiros individuais.

  • A modernización da recollida selectiva de vidro, papel-cartón e envases lixeiros mediante a mellora da dotación de contedores.

  • A análise territorial diferenciada para implementar solucións adaptadas ás zonas urbanas e rurais.

  • Campañas de sensibilización cidadá e educación ambiental.

O obxectivo final é transformar o sistema actual nun modelo máis sostible, reducir o impacto ambiental e fomentar a participación cidadá na xestión de residuos.

Ademais deste proxecto, o apoio da Deputación ao Concello de Tomiño en 2024 ascenderá a máis de 2,45 millóns de euros, a través doutros programas do servizo de Cooperación, como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, ademais do xa mencionado Plan +Provincia.

Esta colaboración estratéxica sitúa a Tomiño como un exemplo de xestión local innovadora e comprometida co medio ambiente, dentro do marco do investimento público provincial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí