Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño crea oito sendas naturais e lanza andainas gratuítas para descubrir o municipio

As novas rutas, distribuídas por diferentes parroquias do municipio, xa poden consultarse en Wikiloc e Komoot e serán protagonistas dun programa de andainas gratuítas durante os meses de xuño e xullo.

As novas rutas, distribuídas por diferentes parroquias do municipio, xa poden consultarse en Wikiloc e Komoot e serán protagonistas dun programa de andainas gratuítas durante os meses de xuño e xullo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tomiño deu un novo paso na posta en valor do seu patrimonio natural e cultural coa creación dunha rede de oito sendas naturais que percorren diferentes puntos do municipio. Trátase dun proxecto que busca facilitar o acceso á natureza, promover hábitos de vida saudables e potenciar o atractivo turístico do territorio a través de percorridos xa consolidados entre veciñanza e visitantes.

As rutas, que xa están completamente sinalizadas, poden consultarse tamén nas plataformas especializadas Wikiloc e Komoot, permitindo que calquera persoa poida seguilas de forma sinxela mediante dispositivos móbiles.

Un proxecto para poñer en valor os camiños de Tomiño

O Concello realizou traballos de acondicionamento básico e sinalización en percorridos que xa eran utilizados habitualmente para actividades ao aire libre, pero que carecían dunha identificación oficial e dos elementos necesarios para facilitar a súa utilización.

A iniciativa inclúe tamén a instalación de paneis informativos en distintos puntos de interese patrimonial e paisaxístico do municipio. Entre os lugares destacados atópanse o cruceiro, a ponte e o muíño de Forcadela, o santuario de San Campio de Lonxe, a Pedra Furada ou os Muíños da Regueira.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que este proxecto permite "poñer en valor espazos naturais e patrimoniais que forman parte da nosa identidade e que moitas veces eran grandes descoñecidos incluso para a propia veciñanza".

A rexedora agradeceu ademais a colaboración das comunidades de montes do municipio, fundamentais para facer posible a instalación da sinalización e o desenvolvemento da iniciativa.

Investimento de 40.000 euros

As actuacións foron financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun investimento próximo aos 40.000 euros.

O proxecto forma parte dunha estratexia municipal que pretende combinar a conservación do patrimonio, a promoción turística e a mellora da saúde e do benestar da poboación.

"Tomiño en marcha", un programa para coñecer as novas rutas

Coincidindo coa creación destas sendas, o Concello pon en marcha o programa “Tomiño en marcha”, unha iniciativa enmarcada na Axenda Impacto Saudable que ofrecerá andainas guiadas gratuítas durante os meses de xuño e xullo.

As actividades estarán abertas a toda a cidadanía e non será necesaria inscrición previa.

A programación comezará o próximo 12 de xuño coa ruta do Río da Pedra, un percorrido circular de preto de catro quilómetros e dificultade baixa, con saída ás 20.30 horas desde a Área Recreativa da Pedra.

Nas semanas seguintes desenvolveranse tamén as rutas da Pedra Furada, Alto da Pedrada, Río Penís e Viñedos, Río Furnia, Muíños da Regueira, Buracos dos Mouros e Monte Tetón, que pechará o calendario o 12 de xullo.

Natureza, deporte e patrimonio

Desde o Concello subliñan que estas rutas nacen coa intención de favorecer un contacto máis directo coa contorna natural e cultural do municipio.

“Queremos animar á veciñanza a redescubrir Tomiño a través destes percorridos. Son sendas pensadas para desfrutar da natureza, facer actividade física e coñecer mellor a riqueza do noso territorio”, sinalou Sandra González.

Con esta nova rede de itinerarios, Tomiño reforza a súa aposta por un modelo de turismo sostible e de proximidade, que combina lecer, patrimonio, saúde e respecto polo medio ambiente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí