Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño creará unha Aula de Estudo, en previsión de posibles rebrotes de cara ao outono

Funcionará na Casa da Cultura, que será acondicionada cun orzamento de 50.000 euros

O investimento forma parte dunha modificación de crédito con cargo a remanente de tesourería, na que tamén destaca o compromiso co Departamento de Benestar e coas familias máis necesitadas

Fecha: 22 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño investirá 50.000 euros para reconverter a Casa da Cultura municipal nunha Aula de estudo e acceso a internet, co fin de que os estudantes teñan un lugar axeitado e cómodo para estudar e acceder a medios telemáticos, en caso de posibles rebrotes do coronavirus ou novos confinamentos, de cara ao outono.

A idea é facilitar a toda a mocidade de Tomiño un lugar para poder conectarse a internet e desenvolver a súa actividade académica así coma ter un lugar de estudo, minimizando o risco de contaxio.

Esta nova aula, virá a complementar o servizo de ordenadores prestado pola Aula Cemit -sita no Parque da Feira- e estará dotada de todas as medidas de seguridade (distancias, mamparas, xeles hidro-alcohólicos, etc.), e novo mobiliario adaptado ás necesidades dos estudantes. A alcaldesa, Sandra González, salienta que "ante o próximo inicio do curso escolar, no mes de setembro, e a incerteza das condicións nas que se desenvolverá, é preciso levar a cabo dita intervención co fin de que poida estar en funcionamento a tempo, para cubrir as necesidades que poidan xurdir".

"Trátase dun novo uso dun espazo que polas súas dimensións -uns 200 m2- e pola súa localización, servirá de forma provisional, de aula de estudo da futura biblioteca de Tomiño, máis en ningún caso, supón a renuncia á execución do proxecto da biblioteca de Tomiño", explica a rexedora.

Aínda que se trate dunha solución de tránsito, o goberno local quere que o novo espazo resulte agradable e acolledor, polo que está prevista a intervención da artista afincada en Tomiño Pilar Alonso, para que axude a darlle á estancia unha calidez e estética apropiada.
A obra, cun investimento total de 50.000 euros, será posible grazas a unha modificación de crédito con cargo a remanente de tesourería, que se levará este xoves a pleno.

Por outra banda, da mesma modificación de crédito, destinaranse 65.000 euros para o Departamento de Benestar Social co fin de reforzar os programas de Educación Familiar, Igualdade e Atención Temperá, tentando ao mesmo tempo, incrementar os fondos para que en caso de que a situación sanitaria o requira, poder xestionar o apoio ás familias máis vulnerables sen demoras, e tamén, poñer en funcionamento o servizo de atención temperá da comarca en Tomiño, complementando os equipamentos existentes nas instalación do devandito departamento.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones